X
nome * enderezo electrónico * enderezo postal concello teléfono * mensaxe *
adxunto
código de seguridade *
imaxe de seguridade
cambiar código
* campos obrigatorios
martes, 17 de outubro de 2017

pesquisar

subscrición

recibirá vía e-mail toda a información de interese
sitios de interese

Anova - Irmandade Nacionalista

14 de xullo de 2012

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

ir ao sítio...

SLG

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

ir ao sítio...

Liga Estudantil Galega

Liga Estudantil Galega

ir ao sítio...

Terceira Carta às Esquerdas

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

ir ao sítio...

Mocidade Irmandinha

Grupo de Traballo de Mocidade do EI

ir ao sítio...
ver máis sitios de interese...
PUNTO DE ENCONTRO

O Encontro Irmandiño, polo feito de prestar este espazo, non se fai partícipe dos contidos ou das teses dos traballos remitidos.


Estás no Punto de Encontro do Encontro Irmandiño.


Este espazo na rede é a extensión dunha nosa vontade de abrir portas e canles de comunicación entre as xentes preocupadas, ou que simplemente teñen algo que dicir nalgures, sobre a situacións socio-politica do País, do Mundo, sobre o que está a acontecer...

Envía as teus artigos a puntodeencontro@encontroimandinho.org


Notas de dúas irmandiñas sobre o 15-O de Lemos

Vídeo da Manifestación 15 Outubro en Santiago de Compostela no interior

17/10/2011

Emma e Paula  

Despois de percorrer as rúas de Monforte por "un cambio global" este sábado, 15 de outubro, quedáronnos unha serie de impresións sobre o que está acontecer.

Esta é a visión dende o interior galego, agardamos polos vosos comentarios sobre outras mobilizacións do 15 de outubro neste Punto de Encontro do Encontro Irmandiño.

  1. Hai vida, e iso é positivo. A "xente está revolta", hai ganas de construír un mundo diferente, así que o xerme das mobilizacións de 2011 vai ser, apáguese ou non o movemento en sí, positivo.
  2. Por aquí o movemento ten percorrido, e moito: vaise celebrar un interesantísimo foro social os días 26 e 27 de novembro, onde se han tratar problemáticas globais e comarcais.
  3. Non hai infantilismo político, senón imaxinación, ilusión e, quizais, inxenuidade, no bo sentido, pois é necesaria unha dose de inxenuidade e optimismo para enfrontarse ao Poder, con maiúsculas.
  4. Sábese cal é o inimigo e sábese do perigo de reforzar ao PP, pero o mal chamado "voto útil" rematou. A xente é moi consciente do campo embarrado no que se xoga, sobre todo no que toca á manipulación informativa.
  5. As propostas son de cambio do sistema, non reformistas, como se soe acusar a este movemento. Hai certas propostas reformistas a curto prazo (dende logo, tamén o BNG leva propostas neste senso no seu programa electoral, porque sabemos que neste momento son necesarias, aínda que aspiramos a trocar o sistema). O fondo que se propón é un cambio de civilización, sendo moi conscientes de que o equilibrio ecolóxico igual nos impón este cambio, pero polas bravas.
  6. Non atopamos belixerancia contra o dereito de autodeterminación dos pobos. Se acaso, o que nos topamos é que o novo-vello mundo fai que esa reivindicación sexa inútil se non se abrazan outras coa mesma forza, como, por exemplo, as que propuxo o Encontro como programa de "creba democrática". Iso entronca coa tradición cívica do nacionalismo galego.
  7. Deberíamos facer caso da advertencia que nos facía Xosé Manuel Beiras na serie de artigos "A doutrina dos dous mundos... no actual nacionalismo galego": non vaiamos tecer a nosa propia rede nacionalista, homoxeneizada e, teoricamente, coherente, pero illada e engulida cando o fascismo campe ás súas anchas, e todo porque non fósemos capaces de tender pontes coa xente que está a "espertar do seu sono".

Manifestación 15 Outubro. Santiago de Compostela. from Mon on Vimeo.

voltar arriba

comentarios:


nome:
enderezo electrónico:
comentario:


Envía o teu comentario

Podes enviarnos o teu comentario ao respecto desta información. Evita o uso de ...

Anxo

30/01/2012 Ola irmandiñas, eu tiven a sorte de asistir á manifestación 15-O en Compostela. Comparto en grande medidas as vosas reflexións, e visto o ocorrido na ultima asemblea de BNG vexo cada vez mais necesario que a masa critica galega se una para formar un novo proxecto político, con ansias de cambiar realmente as cousas e sen dogmatismos nacionalistas. Un proxecto político que non estea controlado por ningún aparato, onde a xente que tivo militancia no nacionalismo organizado se una a esa corrente de indignados e o faga de igual a igual. Non unha organización política controlada por unha elite de ex-BNG's cabreados. A xente reclama unha nova cultura política, e o BNG non está á altura das circunstancias. Pero ha aprender co tempo (espero) se non quere morrer no esquecemento. Saúdos

vídeos

06/11/2011 Pois, vídeos de Compostela, no blogue da Acampada SCQ, aquí: http://www.acampadascq.info/

Carrapuchiña

01/11/2011 Sabedes onde se poden consultar máis videos? Eu cando era o Prestige era moi pequena vivo esto e a xente non está moito pola política, vós como o vedes?

María

18/10/2011 A min pareceume o mesmo na Coruña, había tempo que non me sentía tan acompañada nunha manifa,...parecía do Prestige!

Manuel

17/10/2011 Eu tirei as mesmas conclusións de Compostela

©  Encontro Irmandiño, 2011
Apartado de Correos 356  |  15010 A Coruña
aviso legal