X
nome * enderezo electrónico * enderezo postal concello teléfono * mensaxe *
adxunto
código de seguridade *
imaxe de seguridade
cambiar código
* campos obrigatorios
xoves, 29 de xuño de 2017

pesquisar

subscrición

recibirá vía e-mail toda a información de interese
sitios de interese

Anova - Irmandade Nacionalista

14 de xullo de 2012

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

ir ao sítio...

SLG

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

ir ao sítio...

Liga Estudantil Galega

Liga Estudantil Galega

ir ao sítio...

Terceira Carta às Esquerdas

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

ir ao sítio...

Mocidade Irmandinha

Grupo de Traballo de Mocidade do EI

ir ao sítio...
ver máis sitios de interese...
OPINIÓN Eugene Robinson

tirado de SinPermiso

Eses útiles tiranos

06/04/2011

Eugene Robinson  

Os que busquen principios e lóxica no ataque contra o réxime tiránico de Muammar Gaddafi sentiranse decepcionados. O presidente Obama e os seus asesores deben admitir a verdade: que están a reaccionar ante o fervor revolucionario no mundo árabe co "realismo" arbitrario que é prerrogativa dunha superpotencia.

Fronte a un levantamento armado por rebeldes en busca da democracia, Gadafi ameazou con converter a toda Libia nun osario. Os Estados Unidos e os seus aliados responderon cunha forza militar abafadora que ten a clara intención de paralizar o goberno e mellorar as oportunidades de éxito da revolta.

Así comeza a terceira guerra simultánea no Medio Oriente. Ninguén ten a menor idea de como, nin cando, terminará.

Teño que admitir que a min tamén me tería resultado difícil permanecer cos brazos cruzados mentres Gadafi bañaba de sangue as rúas de Benghazi. Pero, por que permitimos que outros déspotas o fagan?

No Iemen, as forzas leais ao ditador Ali Abdullah Saleh sacrificaron a decenas de manifestantes indefensos que tamén buscaban unha reforma democrática. Saleh, quen gobernou a nación durante 33 anos, aférrase desesperadamente ao poder malia ser abandonado por moitos dos seus partidarios políticos e por algúns dos seus xenerais. El mostrouse desafiante. "Todos os días escoitamos unha declaración de Obama dicindo: «Exipto non pode facer isto, Tunes non fagas aquilo"», dixo Saleh nun discurso a principios deste mes. "É Vostede o presidente dos Estados Unidos, ou o presidente do mundo?"

Pero non houbo ningunha intervención militar de EE.UU.: É que Saleh é visto como un valioso aliado na loita contra al-Qaeda, que ten, "supostamente", os seus máis activos e perigosos no Iemen. Alí planeáronse "supostamente" os ataques contra os Estados Unidos. Saleh, por tanto, é un tirano útil. A el dánlle cotenadas, non bombas.

En Bahrein, a familia real gobernante, Al-Khalifa, respondeu ás manifestacións pacíficas con represión violenta. Mentres a atención mundial se centrou na traxedia que se desenvolve no Xapón e a traxedia que se aveciña na Libia, os líderes de Bahrein evacuaron brutalmente o campamento de protesta da Praza Pearl e mesmo destruíron o impoñente monumento que se converteu no símbolo máis poderoso do movemento pro-democracia.

Pero para Bahrein, tamén temos palabras de cortesía no canto dunha acción decisiva. Por que? Debido a que a 5ª Frota da Mariña dos EE.UU. ten a súa base alí, no medio das rutas de navegación do Golfo Pérsico, a través das cales pasan o 40 por cento dos buques de petróleo do mundo. A base proporciona aos Estados Unidos un xeito de contrarrestar o crecente poder do Irán.

Así mesmo, os al-Khalifa son aliados próximos da familia real Saudita, que está desesperada por evitar que as protestas no Bahrein se estendan ao seu propio reino. Os gobernantes de Arabia enviaron tropas para axudar a esmagar as manifestacións e Bahrein prohibiu calquera tipo de axitación no favor da democracia no país. Para a Casa de Saud, porén, a Casa Branca apenas logrou conter a súa "tsk-tsk".

Por que é tan diferente de Libia? Basicamente, porque os ditadores do Iemen, Bahrein e Arabia Saudita -mais tamén Xordania e os emiratos do Golfo Pérsico- son "amigos", cooperativos e útiles. Gadafi non o é.

Lembrará Vostede a avaliación inicial da Secretaria de Estado Hillary Clinton de que o réxime do home forte de Exipto, Hosni Mubarak, era "estable". Sabiamos que Mubarak era brutal e corrupto, pero só cando se fixo claro que a súa permanencia no poder chegaba ao seu fin -e que o establishment militar exipcio non lles dispararía a cidadáns pacíficos no Exipto- a administración situouse no lado correcto da historia.

Ao tentar explicar a razón pola que os EE.UU. apoiarían o establecemento da zona de exclusión aérea na Libia -que de inmediato se converteu en moito máis-, Obama atouse en nós de retórica. Se Gadafi cometía atrocidades contra o seu pobo, dixo Obama, toda a rexión podería desestabilizarse, pondo en perigo a moitos dos nosos aliados e socios". E non! Ao parecer non se decatou que a rexión xa está desestabilizada: os réximes amigos xa están a ser ameazados, pero non por Gadafi: están en perigo polas aspiracións democráticas dos seus propios pobos!

Gadafi é un tolo e un delincuente; obviamente, non ía escoitar os nosos consellos acerca da democracia. O mundo sería afortunado se se librase del. Pero a guerra en Libia xustificase só se sometemos aos ditadores "amigos" aos mesmos estándares que establecemos para os desafiantes. Se non, por favor, afórrennos todas as homilías sobre os dereitos universais e as liberdades. En consecuencia, que isto non ten que ver coa xustiza, senón co poder..

Eugene Robinson é un columnista habitual do Washington Post.

Tradución para www.sinpermiso.info: Antonio Zighelboim

voltar arriba

©  Encontro Irmandiño, 2011
Apartado de Correos 356  |  15010 A Coruña
aviso legal