![]() ![]() |
Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituÃda o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.
A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta
Liga Estudantil Galega
Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos
Grupo de Traballo de Mocidade do EI
26/05/2012
As decisións importantes non se adoptan por capricho. Teñen a súa razón de ser. A ruptura da que era a casa común do nacionalismo, o BNG, produciuse en toda Galiza coa marcha de dúas das tres sensibilidades que daban razón de ser á fronte nacionalista, o Encontro Irmandiño e Máis Galiza. Un feito desta transcendencia tivo tamén consecuencias en moitos concellos do paÃs.
Ducias de concelleiros e concelleiras próximos a estas sensibilidades ou dende a independencia decidimos iniciar colectivamente un novo camiño coa esperanza de asentar modelos municipais participativos, abertos, comprometidos e orgullosos de seu. Nestes tempos nos que todos renuncian pola polÃtica de recortes do Partido Popular, nós non renunciamos. Non renunciamos a esixir plans de conciliación, polÃticas sociais activas, apoio aos nosos sectores produtivos locais, prestixiadas programacións culturais, melloras das nosas infraestruturas e servizos básicos, axuda ás actividades dos nosos tecidos asociativos e defensa das prestacións educativas e sanitarias dos nosos concellos. Por principios, non renunciamos.
Mantendo o máximo respecto para cos que até o de agora foron os nosos compañeiros e compañeiras, optamos por iniciar colectivamente un novo camiño que remate na construción a nivel nacional dun novo referente polÃtico. Un camiño propio, diferente, que aposte por novas maneiras de relacionarse entre nós e a sociedade e que teña vocación de ser unha ferramenta útil para facer fronte aos retos do futuro do noso paÃs.
Somos conscientes da grande responsabilidade que aceptamos no momento no que fomos escollidos pola veciñanza para ser os seus representantes nos diferentes concellos. Somos conscientes de que esta responsabilidade é maior coa tarefa colectiva que temos por diante. Sentimos que temos o deber ético de seguir representando aos veciños e veciñas que confiaron en nós nas pasadas eleccións municipais. Foi con eles, cos que realmente adquirimos este compromiso firme de defender as propostas coas que fomos elixidos, de escoitalos e de solucionarlles os problemas que xurdan durante toda este mandato.
Dende os nosos Concellos, facendo paÃs gran a gran queremos gañar o futuro. Novas maneiras, novas formas de exercer a polÃtica e o convencemento de que é unha maiorÃa social agredida a que precisa desta aposta colectiva de todos e todas nós.
En Teo, a 25 de Maio do 2012
Envía o teu comentario
Podes enviarnos o teu comentario ao respecto desta información. Evita o uso de ...