![]() ![]() |
Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituÃda o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.
A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta
Liga Estudantil Galega
Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos
Grupo de Traballo de Mocidade do EI
16/06/2012
Reunida a coordinadora provisional de asembleas locais e comarcais por un Novo Proxecto Común
ACORDAMOS:
1.- Convocar a Asemblea Nacional ConstituÃnte para o dÃa 14 de xullo en Santiago de Compostela. Esta Asemblea ConstituÃnte está aberta á participación, a tÃtulo individual e directo, de todas aquelas persoas que estean a prol dunha nova organización do nacionalismo galego, teñan participado ou non, nas asembleas locais ou comarcais que constituÃran até esa data.
2º.- Constituir dous grupos de traballo: un de carácter técnico-organizativo, e outro encargado da redacción dos documentos ideolóxico-polÃticos.
3.- Facer un chamado e animar á constitución de novas asembleas ao longo deste proceso que se manterá aberto á incorporación daquelas novas asembleas que se organicen territorialmente.
4.- Facer un chamado a todas as persoas que cunha visión diferente, dentro da pluralidade existente no nacionalismo galego actual, estean a traballar dende ópticas diferentes na construción do novo referente polÃtico que a sociedade galega demanda. As portas están abertas e a obra sen rematar.
Envía o teu comentario
Podes enviarnos o teu comentario ao respecto desta información. Evita o uso de ...
18/06/2012 Os principios tenhen o poder de activar a participación dun xeito especial. Co tempo, as organizacións, ou muitas delas, tenden a morir de tanto mirarse a si mesmas...Penso que é fundamental manter as asambleias abertas sempre e facer un traballo de activación á participación. O cambio deste novo proxecto ten que ser ise: que o primeiro sexa a participación directa da xente, a implicación directa e persoal: que por fim sexamos quen de responsabilizarnos de nos mesm@s e ser protagonistas. A sociedade precisa participar, ser protagonista. Ese é o cambio verdaderamente importante, e levará o seu tempo. Penso que haberÃa que facer un traballo de animación á participación...Se queremos facer unha polÃtica de esquerdas temos que partir desa necesidade: participación, protagonismo...Eu vexo ao EI cun discurso claro neste sentido. Nom sei que pasará, máis por favor, nom perdades de vista que iso é o máis importante, desconfÃo de quen o único que lles preocupa som os votos, esto nom é un mercado...Saúdos e parabéns polo traballo, adiante, máis eu tamén opino que nom hai prisa, é preciso que cada quem exponha o seu prantexamento e ser de verdade, ser auténticos, nom renunciedes ao que sodes, somos e creemos por pensar en máis votos...Obrigada e ate pronto.
18/06/2012 Adiante! No camiño dende abaixo.
18/06/2012 DeberÃamos escoitar sempre tódalas opinións que apoien e que dean unha visión que constrúa, as que non sexan asÃ, é millor ignoralas pois é unha cuestión de equilibrio. Non credes?.
18/06/2012 Ante a intransixencia da UPG, que só pretende un nacionalismo unido, para ter máis poder, pero dominándoo todo eles, o mellor é constituir outro nacionalismo máis integrador. Que teñades moita sorte... O meu apoio xa o tedes.
18/06/2012 Non estarÃa de máis que, antes de celebrarse a citada asemblea constituÃnte, désense a coñecer os documentos ideolóxico-polÃticos aos que fai referencia a convocatoria, pois moitos dos que viamos con ilusión e como unha gran oportunidade para Galicia e para nós mesmos o nacemento deste novo proxecto, agora estamos preocupados, mesmo decepcionados, polo camiño e a dirección, e o rumbo ideolóxico, que, aparentemente, está a tomar o chamado proceso asembleario.
18/06/2012 Vive la France!, vive la Révolution! Aniversário da Toma da Bastilha.
17/06/2012 para min escoitar a xente do rural non a prepotencia dende abaixo pouco a pouco e achegar a todos convencer non impoñer . un saudo
17/06/2012 As persoas cunha visión diferente. Diferente? a qué? Menuda tomadura de pelo. A quen queredes enganar.Estades a facer un bo traballiño a dereita. Pero a sociedade galega saberá darse conta do que estades a facer rompendo o nacionalismo e votandolle as culpas aos nacionalistas. A historia vos xuzgará.
17/06/2012 A hora de xuntarnos ..... mais carballeiras e menos palacios de congresos......Saude e ánimo
17/06/2012 Adiante¡