X
nome * enderezo electrónico * enderezo postal concello teléfono * mensaxe *
adxunto
código de seguridade *
imaxe de seguridade
cambiar código
* campos obrigatorios
venres, 18 de agosto de 2017

pesquisar

subscrición

recibirá vía e-mail toda a información de interese
sitios de interese

Anova - Irmandade Nacionalista

14 de xullo de 2012

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

ir ao sítio...

SLG

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

ir ao sítio...

Liga Estudantil Galega

Liga Estudantil Galega

ir ao sítio...

Terceira Carta às Esquerdas

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

ir ao sítio...

Mocidade Irmandinha

Grupo de Traballo de Mocidade do EI

ir ao sítio...
ver máis sitios de interese...
NOVAS da Galiza

27-O en defensa da sanidade pública

O Encontro Irmandiño apoia as manifestacións e a Iniciativa Lexislativa Popular en defensa e promoción da sanidade pública galega.

26/10/2011

 

O Encontro Irmandiño apoia a Iniciativa Lexislativa Popular e as manifestacións convocadas pola plataforma SOS Sanidade Pública para o día 27 de outubro en todas as áreas sanitarias. En defensa do carácter público da sanidade, pola xestión pública e directa dos servizos sanitarios, polo fortalecemento da Atención Primaria e polo mantemento do modelo descentralizado do sistema sanitario galego a través das áreas sanitarias.

A Iniciativa subscrita por representantes de todas as organizacións que integran SOS propón catro puntos:

  1. A defensa do carácter público da sanidade como garantía do dereito á saúde de todos os galegos.
  2. A xestión pública e directa dos servizos sanitarios e o rexeitamento ás formas de financiamento e xestión privada introducidas pola Xunta de Galicia.
  3. A necesidade de incrementar a capacidade resolutiva da Atención Primaria mellorando os seus recursos e o acceso ás tecnoloxías diagnósticas, como base dun sistema sanitario accesible, equitativo e eficiente.
  4. Mantemento do modelo descentralizado do sistema sanitario galego a través das áreas sanitarias, como espazos para a planificación, asignación e xestión integral dos recursos en base ás necesidades sanitarias da poboación e coa súa participación activa.

Unha vez presentada no Parlamento, SOS e as organizacións que a apoian recollerán firmas por toda Galicia aproveitando esta actividade para explicar e debater coa cidadanía as políticas de recorte e privatización que esta levan a cabo a Consellería de Sanidade e a Xunta de Galicia

Tamén se convocaron mobilizacións para o día 27 de outubro, en todas as áreas sanitarias en defensa da sanidade pública e contra os recortes de recursos sanitarios da Xunta.

voltar arriba

©  Encontro Irmandiño, 2011
Apartado de Correos 356  |  15010 A Coruña
aviso legal