![]() ![]() |
Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.
A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta
Liga Estudantil Galega
Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos
Grupo de Traballo de Mocidade do EI
Pedro Olalla reflexiona dende Atenas sobre a situación que vive Greza entendida nun contexto global (vídeo en español - subtítulos en inglés e posibilidade de elixir galego premendo en CC, traducir subtítulos, galego ).
Pedro Olalla González de la Vega (Oviedo, España, 1966) é escritor, helenista, filólogo, profesor, tradutor e fotógrafo, e nestes campos desenvolve a súa actividade profesional en colaboración con editoriais, universidades e institucións culturais de diversos países do mundo. Desde hai vinteseis anos, mantén unha intensa relación con Greza, país no que se iniciou no helenismo e no que, en 1994, fixou a súa residencia para dedicarse á investigación, a creación e a didáctica. A súa principal ocupación é a escritura (26 títulos orixinais en distintas linguas), campo no que publicou obras de contido literario e cultural, guións e audiovisuais, así como unha longa serie de artigos xornalísticos e traducións de autores gregos e españois. Foi profesor de grego moderno na Universidade de Oviedo (Extensión Universitaria) e lector de español na Universidade de Syracuse (Nova York). Xa en Grecia, foi durante anos director do Boletín Cultural da Embaixada de España, redactor xefe da revista mensual bilingüe “El Sol de Atenas” e profesor do Instituto Cervantes. Desde 1998 traballa como profesor na Universidade de Atenas (Master Tradución e Tradutoloxía) e no Parlamento Grego.