X
nome * enderezo electrónico * enderezo postal concello teléfono * mensaxe *
adxunto
código de seguridade *
imaxe de seguridade
cambiar código
* campos obrigatorios
mércores, 13 de decembro de 2017

pesquisar

subscrición

recibirá vía e-mail toda a información de interese
sitios de interese

Anova - Irmandade Nacionalista

14 de xullo de 2012

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

ir ao sítio...

SLG

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

ir ao sítio...

Liga Estudantil Galega

Liga Estudantil Galega

ir ao sítio...

Terceira Carta às Esquerdas

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

ir ao sítio...

Mocidade Irmandinha

Grupo de Traballo de Mocidade do EI

ir ao sítio...
ver máis sitios de interese...
CRÓNICAS PREASEMBLEARIAS

Crónicas preasemblearias VII

Á UPG gústalle o silencio

Podes deixar o teu comentario e tamén descargar a Tese do EI para a AN do BNG

05/01/2012

 

Tese do EI para a AN do BNG


Onte celebrouse unha xuntanza da comisión de seguimento ou organizadora da XIII Asemblea aprobada no anterior Consello Nacional. Dous foron os temas que ocuparon o tempo: os problemas do censo que está habendo de novo en algunhas comarcas e unha ameaza da UPG de modificar o regulamento da Asemblea no Consello Nacional do próximo día 21, a unha semana da celebración do plenario da mesma!


Xa temos comentado na anterior crónica o asunto da exclusión e as pexas que se está poñendo ao proceso de reafiliación, que lembrade foi unha das condicións acordadas para celebrar esta asemblea o máis aberta e participada posíbel, de iso non diremos máis que ante reclamacións conxuntas do Encontro e +Galiza sobre casos concretos nos que a interpretación do regulamento é distinta en diversas comarcas, a UPG (Secretaria de Organización) négase a homologar criterios e facer que se respecte o proceso por igual nos distintos territorios alegando a autonomía dos consellos comarcais, cando estamos a falar de dereitos de militantes e para un proceso nacional!


Esta actitude de deixar facer está a criar moi mal ambiente nalgunhas comarcas especialmente nas máis castigadas polo control férreo da burocracia: Ferrol, A Coruña, Lugo, etc... e onde hai unha vida máis “normal” na convivencia interna non hai eses problemas sobre casos similares.

Este tema vai dar que falar porque xa son abondo persoas excluídas.


O outro tema ten moito máis aquel se cadra, porque a UPG pretende corrixir o próximo día 21, un presunto erro que existe no regulamento, a unha semana do plenario da Asemblea, e instaurar un novo filtro e impedir que os votos particulares de emenda á totalidade (lembrade que hai un do EI, un de +Galiza e un do MGS ) unha vez superado o debate e ter pasado por maioría nalgunha comarca teñan que someterse de novo a un filtro previo de maioría en comisión antes do Pleno. Todo isto que pode parecer un pouco embarullado, non é máis que tentar impedir que as xente do BNG reunidas en plenario poidan escoitar os argumentos dos que discrepan co diktat da UPG.


Vemos neste intento, de se consumar se poden no Consello do 21, unha grave deslealdade a todo o falado do carácter excepcional que ten esta asemblea dada a gravidade da situación e o que se xoga o BNG e Galiza. Parecen manobras froito do medo a perder o control e pánico ante os que queremos refundar o BNG, que é fundamentalmente devolvelo á militancia e rescatalo do “secuestro” ao que o ten sometido a propia burocracia e os políticos profesionais da UPG.


Aínda así o Encontro seguirá a facer todo o posíbel para que esta asemblea sexa aberta á militancia e que se poida falar sen mordazas. Á UPG, que tanto anda a argumentar que os que falamos ante a sociedade facemos dano aos BNG, parece que tamén lle fai dano que se fale dentro do BNG sen filtros nin ruído que perturben a escoita e a decisión soberana da militancia.


Todo o poder para a Asemblea!!!




(A seguir...)

voltar arriba

comentarios:


nome:
enderezo electrónico:
comentario:


Envía o teu comentario

Podes enviarnos o teu comentario ao respecto desta información. Evita o uso de ...

xose manuel

10/01/2012 Penso que si queredes REXENERAR o BNG , teredes que pactar con mais galiza e aprobar unhas teses igual ou similares as do EI para que o BNG sexa mais integrador entrando aires de participacion para os/as cidadans , pero non olvidedes que si non pactades estades perdidossssss. Saude e ánimo

memória?

10/01/2012 Já que gostas da memória nom faz falha ir até 2006. Em 2011 o regulamento passou por três Conselhos Nacionais sendo aprovado e nom falava de comissons. A que vem agora esta grande piada? Tomais aos militantes igual que o PP e o PSOE tratam aos cidadaos: como súbditos. Tedes medo do diálogo e de que cada um poda expor os seus argumentos a toda à militáncia porque nom teis nada que oferecer que nom seja "ideologicismo" para tapar que um aparato comodamente instalado está destruíndo o único aparato de estado que teve a Galiza em décadas: o BNG.

xaxa

10/01/2012 No 82 non houbo debate en comisións. Esta é unha asemblea transcendental, non unha ordinaria calquera. Todas as partes chegaramos a esa conclusión, pero agora a UPG e o MGS deciden que o regulamento estaba mal redactado: a menos dun mes da Asemblea!

lucha

10/01/2012 Leo na imprensa hai un pouco que se pode chegar a un acordo entre o Encontro e +Galiza. Que ledicia! Oxalá! Que se faga o posível, que se una o mellor, o que queira o mellor para o Bloque do porvir, e que quede a mentalidade e tufos do pasado (burrócratas, vividores/as, trepas...) como "patrimonio" do nacionalismo. Estou leda coa noticia asíque ánimo!!!

memoria

09/01/2012 en 2006 (e en todas as asembleas abertas das dúas últimas décadas) sempre houbo debate en comisións e vós non protestastes

Silencio

08/01/2012 Shhhhhhhhhhhhhhhhhhh. Outra vaca máis no millo: http://revoltairmandinha.blogspot.com/2012/01/futuro-lealdade-e-coherencia.html

o voto orfo

08/01/2012 pero é que alguén daba un peso pola lealdad da UPG e/ou pola limpeza da XIII asamblea?

Manolo

08/01/2012 Á UPG o que gosta é do "silencio dos años". É certo que cando eles falan poden dicir o que sexa... porque o din eles e xa está!

Falar fora

08/01/2012 O problema para a UPG non é onde se fala senón o que se diga e quen o diga. Cando Bautista puxo a feder ao BNG da Coruña ou este verán aos alcaldes que se atreveron a opinar despois de non ser recibidos pola Executiva do BNG, iso non é deslealdade porque o fan eles. Mesmo se propoñen "lixivia e unto". Pero se fala Beiras e di verdades como a Serra do Courel, é un desleal.

©  Encontro Irmandiño, 2011
Apartado de Correos 356  |  15010 A Coruña
aviso legal