X
nome * enderezo electrónico * enderezo postal concello teléfono * mensaxe *
adxunto
código de seguridade *
imaxe de seguridade
cambiar código
* campos obrigatorios
venres, 18 de agosto de 2017

pesquisar

subscrición

recibirá vía e-mail toda a información de interese
sitios de interese

Anova - Irmandade Nacionalista

14 de xullo de 2012

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

ir ao sítio...

SLG

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

ir ao sítio...

Liga Estudantil Galega

Liga Estudantil Galega

ir ao sítio...

Terceira Carta às Esquerdas

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

ir ao sítio...

Mocidade Irmandinha

Grupo de Traballo de Mocidade do EI

ir ao sítio...
ver máis sitios de interese...
CRÓNICAS PREASEMBLEARIAS

Crónicas preasemblearias IX

A “apisoadora” da UPG, vai funcionar?

Podes deixar o teu comentario e tamén descargar a Tese do EI para a AN do BNG

16/01/2012

 

Tese do EI para a AN do BNG


Cando aló polo ano 2000 decidiu no seu Comité Central inducir reformas no BNG que levasen a concentrar a capacidade de decisión nas comarcas e non nas localidades como viña acontecendo ate daquela -e que segundo os estatutos son as organizacións básicas da vida do BNG-, adicándose posteriormente teimudamente ao seu control colocando na administración frontista a persoas afíns, a UPG estaba preparando un campo de manobras á súa medida que lle permitise dende 20 instancias controlar toda unha organización territorial que abarca hoxe case os 315 concellos do País. Algo que é ben patente hoxe nesta fase preasemblear.


Dende o Encontro e para devolver o BNG ao seu primixenio deseño nas súas teses, xa compartidas con outras organizacións e independentes, propoñemos que:


Os representantes de partidos, organizacións e colectivos e os representantes comarcais serán membros do Consello Nacional con voz e sen voto para non alterar a representación directa da Asemblea Nacional.

Maior peso das localidades: deben ser elas as que dean as afiliacións. A comarca debe ser unha instancia de coordinación e colaboración, non de dirección.

Precisamente para devolver ás organizacións máis de base a súa representación directa e básica no deseño do BNG.


Unha vez celebradas as Asembleas Comarcais, territorio no que a UPG se move como peixe na auga como polas razóns que vimos de comentar, podemos valorar que esta vantaxe que lle dar ter moldeado o BNG ao seu interese dende hai tanto tempo ten servido para pasar á apisoadora e esmagar as voces que andan a reclamar a rexeneración do BNG e do seu proxecto común?


Nós cremos que non. A participación da militancia, sen ser a que igual agostaríamos nun proceso tan determinante para o futuro do nacionalismo, foi abonda como para poder apreciar unha relación de forzas suficientemente equilibrado para non dar por pechada asemblea nin moito menos e que apunta a unha participación masiva os dias do Plenario.


Todas as teses presentadas están vivas, todas pasaron, mesmo a que representa o acordo posíbel xa asumido por moitos para unha fronte ampla como a que quere o EI. O debate de ideas sobre textos é posíbel no Plenario da Asemblea a pesares do novo filtro que a UPG pretende impoñer no Consello do 21 introducindo no regulamento da mesma as comisións que se acordara que non habería dado o carácter refundacional desta asemblea.


Cremos e estamos a tempo de facer unha grande fronte ampla e plural que ao redor dunhas teses como as do EI poida recuperar o BNG para as súas bases. Todo depende da asistencia a asemblea, da mobilización das persoas do BNG que queren o cambio de rumbo e de equipa.

Lembramos a proclama feita onte polo EI:


Queremos facer público tamén o noso compromiso de que, se os avatares deste proceso levasen a que non houbese unha única lista que propugne a refundación do BNG, daremos o noso apoio á lista mais votada na segunda volta para garantir ao máximo as posibilidades e evitar que a UPG e o seu candidato teñan unha maioría que lles permita seguir nesta liña actual que leva o BNG á súa extinción.

Porque nós estamos a prol dunha fronte ampla. Polo Encontro non vai quedar!

Cremos que é de lei falar claro, esperemos que así faga todo o mundo.





(A seguir...)

voltar arriba

comentarios:


nome:
enderezo electrónico:
comentario:


Envía o teu comentario

Podes enviarnos o teu comentario ao respecto desta información. Evita o uso de ...

lei civil

19/01/2012 Como nos ensina moita xente no Encontro, a lei civil está por riba do dereito de familia. Como existe a violación dentro do matrimonio, non só podemos, senón que debemos divorciarnos cando chegamos a determinado punto. É obriga ser leal ao pobo galego e aos ideais liberadores antes que a unha siglas que pervertiron os principios polos que foron creadas. Esta é a derradeira batalla e, de non conseguir a rexeneración, claro que moit*s persoas nos iremos, moita xente independente e crítica.

xose manuel

18/01/2012 Penso que tedes que coñocer o conto do cociñeiro e das galiñassssss de Eduardo Galiano

Fran

18/01/2012 Cibrán, tes razón...imos ver o que quere realmente a militancia do BNG, pero en sintonía cos principios das 3 R, para recuperar a confianza e a lealdade entre os militantes, tamén haberá que aceptar os resultados das asembleas, sexa cal sexa o resultado, e non descalificar á militancia porque non vota o que queremos. Xa por non falar dos que andan ameazando con marchar se o resultado non vai ao seu gusto.

Xurxo

18/01/2012 Cibrán, non concordo co que dis dos compañeiros, máxime cando levamos un tempo de moito traballo e mobilizacións para a defensa dos intereses da maioria social do pobo galego e dos seus dereitos nacionais. En todo caso, se gaña a opción que dis, eu estarei ao día seguinte, arrimando o ombreiro como o levo facendo sempre polo BNG. Espero que isto serva para todos.

Cibrán

18/01/2012 É verdade que os da UPG traballades, pero algúns (precisamente as vosas referencias) xa se esquenceron dende fai moito tempo de que o BNG ten que ser un instrumento para cambiar e mellorar o país. Eles converteron o BNG no seu medio de vida ou no seu "chiringuito" particular. Hai xente que queremos traballar pero para poder facerlle un servizo real ó noso país, non para ser o referente moral de ninguén, e criticar todo o que fan os demais, eso si, sen facer nada. Pase o que pase esta Asamblea vai a marcar un antes e un despois, os da "U", por fin, presentades a un candidato voso, a aínda confio en que enfrente de vos teñades unha candidatura conxunta (+G, Irmandiños...). Imos ver o que quere realmente a militancia para o BNG

Xurxo

18/01/2012 Xabier, sabes perfectamente, que a APU non quixo este escenario. Mais ben foi obrigada por EI e +Galiza. Que lonxe de pechar filas entorno ao BNG após a última asemblea nacional, estiveron porpedeando o barco onde eles mesmos van. Eu coido que todos somos necesarios, sempre e cando teñamos claro que somos, e o que queremos. Non valen atallos, e moito menos colaborar co colonizador. A xenerosidade da UPG que nos medios españolistas é o demo do demo que é BNG, foi sempre exemplar, so tes que ver os resultados das asembleas comarcais, e preguntarte como hai tanta diversidade na representación e nos cargos públicos da fronte.

xabier

17/01/2012 Eu coido que polo que vin na Asamblea Comarcal celebrada a semana pasada a UPG non está pola labor de ceder nada, e moito menos pola labor de fecer autocrítica, como di Xurxo, porque a UPG o único que dí é "aquí ou facedes o que eu diga ou senon veremos que é o que ten máis poder", e con ise prantexamento non hai nada que se poida amañar. Dentro do BNG cabe todo o mundo, pero hai xente no BNG non quere nin aos que están.

Xurxo

16/01/2012 E non será que a xente da UPG e os seus achegados son os mais comprometidos dende as bases, e traballamos a diario a prol da organización. Un pouco de autocrítica pola vosa parte neste aspecto non estaría de máis. Deixádevos de lerias e poñedevos a traballar polo país con lealdade, no BNG tedes cabida todos os que estades realmente comprometidos coa nosa nación. Verédelo na asemblea, ao contrario do que faríades vos, nos seremos magnánimos. Adiante co BNG.

©  Encontro Irmandiño, 2011
Apartado de Correos 356  |  15010 A Coruña
aviso legal