X
nome * enderezo electrónico * enderezo postal concello teléfono * mensaxe *
adxunto
código de seguridade *
imaxe de seguridade
cambiar código
* campos obrigatorios
luns, 21 de agosto de 2017

pesquisar

subscrición

recibirá vía e-mail toda a información de interese
sitios de interese

Anova - Irmandade Nacionalista

14 de xullo de 2012

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

ir ao sítio...

SLG

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

ir ao sítio...

Liga Estudantil Galega

Liga Estudantil Galega

ir ao sítio...

Terceira Carta às Esquerdas

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

ir ao sítio...

Mocidade Irmandinha

Grupo de Traballo de Mocidade do EI

ir ao sítio...
ver máis sitios de interese...
DO ENCONTRO acordos

A derradeira oportunidade para o BNG

Unha Asemblea de Refundación exitosa que recupere a validez do instrumento BNG so require a fórmula de Riazor, adaptada aos novos tempos e aos novos retos.

05/07/2011

 

A actitude da UPG que exercendo unha maioría circunstancial no Consello Nacional do día 2 de impediu o acceso aos censos que so ela ten en exclusiva, ás outras correntes do BNG para difundiren as propostas e preparar os debates, é un mal paso para a boa marcha desta crucial Asemblea Nacional.

√Č un bo comezo que se volva √° democracia directa e √° participaci√≥n de todas e todos nos plenarios da Asemblea Nacional e √© unha oportunidade que se abra un per√≠odo extraordinario de afiliaci√≥n e reafiliaci√≥n. Pero ser√° insuficiente se non nos comprometemos no proceso e se non mudamos as actitudes como o referido do pasado Consello.

A continuaci√≥n a proposta do Encontro Irmandi√Īo para o proceso de refundaci√≥n.


PARA A REFUNDACI√ďN DO BNG


O BNG COMO INSTRUMENTO

Nesta primeira fase previa ao debate de teses da 13 Asemblea Nacional o importante √© po√Ī√©rmonos de acordo no diagn√≥stico e nos remedios para a posta a punto deste instrumento imprescind√≠bel para Galiza que √© o BNG.

As propostas concretas deber√°n ser abordadas no proceso asembleario propiamente dito a partires do mes de setembro e se hai acordo no b√°sico non ser√° ese o problema.


O √ČXITO DA UNIDADE DO NACIONALISMO

A unidade do nacionalismo é un obxectivo irrenunciábel cuxo fracaso conduciu ás diferentes partes á marxinalidade. Conscientes desta realidade, a maioría do nacionalismo galego participou na creación do BNG.

Os principios políticos e organizativos que sustentaron a creación do BNG no 1982 e os sucesivos desenvolvementos estratéxicos e axustes tácticos, levaron ao medre da conciencia nacional e do BNG como alternativa electoral e como referente político alén do propio nacionalismo, con máis do 26% de apoio electoral a fins dos anos noventa.

A partires desa base social identificada co proxecto nacionalista o BNG conseguiu aumentar o ámbito de incidencia do seu proxecto. Foi hexemónico na esquerda na Galiza e alén dela chegou a marcar a axenda política galega.


O DEVALO

As diferentes lecturas do proxecto com√ļn que arrequec√≠an e afortalaban ao BNG, mudou en proxectos enfrontados que o debilitan, substitu√≠ndo a cooperaci√≥n e a democracia directa e horizontal pola competencia, confronto e xerarquizaci√≥n.

O declive do BNG comez√°molo diverxendo a t√°ctica da estratexia e dos principios.

Por querer adaptar o BNG ás necesidades dos gobernos nos que participabamos, sinaladamente a Xunta, rematamos por homologármonos coas alternativas políticas do sistema.

Mesmo renunciamos ao modelo organizativo xenuíno do BNG. A xerarquía natural dunha fronte asemblearia, radicalmente democrática e rexida por órganos colexiados, converteuse nunha organización piramidal na que prevalece a supervivencia do "aparato". A presenza institucional convértese nunha fonte de medios e recursos para o sostemento do aparello da organización.

A introduci√≥n do sistema de delegados foi un s√≠ntoma de especial gravidade porque partiu pola metade a organizaci√≥n e xerou unha din√°mica de bipartidismo interno semellante ao peor do modelo pol√≠tico espa√Īol. Tam√©n evidenciou para a base militante e para a nosa base electoral m√°is firme, que o BNG deixara de ser unha forza pol√≠tica distinta e se convertera nun aparello electoral m√°is para colocar pol√≠ticos profesionais.


O DERRADEIRO AVISO

Os malos resultados electorais do 22 M para o BNG, que foi incapaz, por primeira vez na s√ļa historia, de recoller sequera parte da baixada do PSOE, foi o en√©simo aviso que sit√ļa ao BNG a un paso da exclusi√≥n da maior√≠a dos concellos das grandes cidades, serviu para que quen vi√Īa xustificando os descensos electorais en causas sempre alleas √° nosa responsabilidade, e ate agora compensada por avanzos no poder institucional, chegaran tam√©n √° conclusi√≥n de que √© preciso corrixir o rumbo.

Pero a esta altura, co novo fracaso electoral á vista, a reintegración ao BNG das xentes nacionalistas excluídas será máis difícil aínda polo que se require que as medidas de rexeneración sexan máis evidentes e fondas que as que nos podían ter servido na frustrada Asemblea Nacional de 2009.


A BASE DE PARTIDA PARA A REFUNDACI√ďN

Moita da elaboración política dos trinta anos de vida do BNG debe ser a base do entendemento entre todas as partes e o cemento de cohesión da militancia.

Compren signos inequ√≠vocos de que estamos pola restauraci√≥n das relaci√≥ns de cooperaci√≥n. Compre que quen detenta para a s√ļa vantaxe os medios materiais e humanos de todas e todos, estea disposto a desarmarse. E en calquera caso os votos de todos e todas te√Īen que ter o mesmo valor.

A restauración da democracia directa interna, da horizontalidade e da cooperación é condición sine qua non para a resintonización cos sectores máis dinámicos da sociedade que non che toleran facer na casa o contrario do que predicas para a sociedade.

Compre saber, asumir e practicar que:

A emancipación nacional e social ten que se producir por e para o pobo galego, Despotismo nin ilustrado.

A emancipación nacional e social de Galiza é o obxectivo central do BNG, que non hai emancipación nacional sen participación activa da cidadanía e que a acción institucional ten que ser congruente cos nosos obxectivos estratéxicos.

A soberanía do BNG reside nos seus órganos a comezar pola asemblea nacional e todo o que dela deriva.

A base social do nacionalismo en Galiza non se improvisa nin se pode mudar a golpe de voluntarismo partindo dunha imaxe irreal do País.


O NOSO OBXECTIVO ESTRAT√ČXICO

Debe ser obxectivo do BNG aumentar o √°mbito de incidencia do proxecto nacionalista. a partires da base social actualmente identificada co mesmo

Isto non vir√° da man de pinchacarneiros ideol√≥xicos ou da tentativa de converterse na alternativa de sectores sociais que te√Īen uns intereses e/ou unha ideolox√≠a contraditoria coa base social m√°is conspicua do nacionalismo.

Que a crise actual se resolva cunha mudaza do sistema ou co empobrecemento das clases medias, coa liquidación do estado de benestar e coa instauración do neofascismo, depende de nos, da auténtica esquerda de Galiza.

Debemos actuar para que a loita democrática que están a emprender segmentos da poboación até agora despolitizados, especialmente mocidade, nos permita acumular forza para mudar o sistema comezando polo marco xurídico político cara unhas institucións galegas soberanas e radicalmente democráticas.

O BNG ten que ser un exemplo dos valores de esquerda, cidad√°ns, democr√°ticos e republicanos da participaci√≥n, horizontalidade e democracia participativa que debemos propo√Īer para a organizaci√≥n da sociedade. Un movemento pol√≠tico en sinton√≠a coa sociedade para ser quen de lle facer fronte √° ditadura do capital financeiro e √° brigada de demolici√≥n de San Caetano, non pode agardar m√°is.


QUE FACER AGORA ?

√Č un bo comezo que se volva √° democracia directa e √° participaci√≥n de todas e todos nos plenarios da Asemblea Nacional e √© unha oportunidade que se abra un per√≠odo extraordinario de afiliaci√≥n e reafiliaci√≥n. Pero ser√° insuficiente se non nos comprometemos no proceso e se non mudamos as actitudes.

Unha Asemblea de Refundación exitosa que recupere a validez do instrumento BNG so require a fórmula de Riazor, adaptada aos novos tempos e aos novos retos.

Ao día de hoxe segue vixente o obxectivo estratéxico enunciado nos principios da asemblea fundacional do BNG pois a Galiza non é soberana e o modelo social so está a mudar na dirección oposta á emancipación e benestar da cidadanía.

Os obxectivos de hoxe pódese sintetizar na loita por unha democracia radicalmente participativa, e a loita pola soberanía a comezar polo control dos nosos recursos naturais.


OS CAMBIOS NO MUNDO E NA GALIZA

No mundo, a globalizaci√≥n econ√≥mica e o seu correlato nas novas formas de dominaci√≥n do imperio, te√Īen que estar presentes nas an√°lises e no discurso do BNG. ( IX AN do BNG )

O BNG ten que elaborar un novo discurso e unha pol√≠tica concreta para Galiza e enmarcalo nun diagn√≥stico e nun posicionamento claro sobre a orientaci√≥n das pol√≠ticas globais e das medidas "anticrise" que se van adoptando a nivel internacional, europeo e espa√Īol.

√Č preciso identificar con claridade os trazos definitorios da base social do BNG ao redor da que pivota o noso proxecto para definir a estratexia de ampliaci√≥n da base social organizada ou organizable.

Tres criterios poden permitir definir os eixos dese alargamento:

Os estratos sociais ou socioeconómicos que poden sentirse representados polo proxecto do BNG.

O perfil ideolóxico e os valores dos individuos que adiren orgánica ou electoralmente a alternativa do BNG.

Os sectores sociais organizados ao redor das organizacións sindicais nacionalistas e dos movementos sociais nos que a presenza do nacionalismo é notábel.

A base militante e electoral est√° constitu√≠da de xeito moi maioritario por asalariados do sector p√ļblico e privado; a presenza doutros sectores sociais √© en xeral bastante modesta (labregos, mari√Īeiros, profesionais, pequenos comerciantes...). Pode dicirse que desde un punto de vista dos intereses materiais non existen contradici√≥ns notables entre eses sectores sociais.

Desde o punto de vista ideolóxico a militancia do BNG é, ademais de nacionalista, abrumadoramente de esquerdas, entre a que as diferencias cromáticas son pouco significativas.

Desde o punto de vista socio-electoral a contorna sensíbel ao BNG ten unha simpatía cos trazos que definen a Galiza como nación, cun abano desde independentistas até persoas que comparten a aspiración nacional de Galiza ou en todo caso non son refractarios a ela.

A base social e electoral do BNG está ao redor dos afiliados e simpatizantes doutras organizacións nacionalistas como a CIG, o Sindicato Labrego Galego, organizacións ecoloxistas galegas e movementos sociais animados por persoas nacionalistas, mais non podemos esquecer a necesidade de chegar a profesionais, pequenos comerciantes, e pequenos e medianos empresarios, e integrar a todos os que se moven contra o sistema.


PROPOSTAS BASICAS PARA REXENERAR O BNG

Conscientes situaci√≥n cr√≠tica da nosa naci√≥n en todos os √°mbitos, da cr√≠tica situaci√≥n do nacionalismo organizado e do valor do BNG malia todo, o Encontro Irmandi√Īo est√° disposto a po√Īer todo o que cumpra no empe√Īo, se todos ou a maior√≠a demostramos estar dispostos a:

Po√Īer o com√ļn por riba do particular de grupos ou persoas

Acordar as reformas organizativas que fagan imposíbel que se repitan no futuro limitacións de dereitos dos militantes por acordo dunha exigua maioría ou por un aparello técnico-administrativo.

Blindar o asemblearismo e os dereitos dos militantes que so poderán ser reformados por unha maioría cualificada de 2/3 da AN.

Recuperar o papel central da militancia e da base social, na discusi√≥n da li√Īa pol√≠tica recuperando as asembleas pechadas ou abertas como lugar de encontro de distintas lecturas da realidade e dos conflitos sociais. Recuperar o habito do consenso fronte √° destrutiva pr√°ctica das continuas votaci√≥ns de adhesi√≥n ou rexeitamento de propostas en cuxa elaboraci√≥n nin se participa.

Reforzar o Consello Nacional elixido na Asemblea Nacional, limitando de novo ao respons√°bel comarcal os elixidos nas comarcas.

Reforzar o papel da Asembleas e Consellos Locais no que atinxe a altas e baixas.

Recuperar o principio de legalidade. A aplicación dos estatutos no que atinxe aos dereitos do militantes, non se poderá facer nunca de xeito restritivo nin obviando trámites de audiencia das e dos afectados.


POL√ćTICAS BASICAS PARA CONQUISTAR A HEXEMON√ćA

Conquistar a hexemon√≠a require en primeiro lugar a rexeneraci√≥n do BNG, que sexa quen de abranguer no seu seo as distintas lecturas do proxecto com√ļn coa suficiente cohesi√≥n de discurso que converta de novo aos milleiros de afiliados e simpatizantes no principal medio de comunicaci√≥n do nacionalismo.

O discurso do BNG compre que conte√Īa propostas claras e cr√≠beis:

1. Frear esas decisi√≥ns irrespons√°beis que entregan cantidades billonarias de recursos p√ļblicos presentes e futuros para rescatar un modelo que necesariamente debe ser substitu√≠do por outro.

2. Des-globalizar as finanzas e regulalas en función das necesidades da economía produtiva de cada país, o que non significa preconizar ningunha autarquía senón tomar nota do que Keynes demostrara en 1944, que a liberalización simultánea de movemento de capitais, tipos de cambio e tipos de xuro só pode conducir a espirais especulativas continuas.

3. Regular estratexicamente o comercio externo e asumir o control p√ļblico de instituci√≥ns clave de cr√©dito para poder garantir e orientar un fluxo de cr√©dito regular √° econom√≠a produtiva; no noso caso, Instituto de Cr√©dito e Investimento, Banca P√ļblica e rescatar ou expropiar o que quede das Caixas de Aforro.

4. Esixir unha reorientaci√≥n das pol√≠ticas europeas liberalizadoras e pro mercado que seguen inspirando a acci√≥n de Bruxelas (pol√≠tica agraria deixada ao albur do mercado, directiva de servizos en fase transposici√≥n a√≠nda m√°is regresiva por parte do Goberno espa√Īol,...). Rescatar para o poder democr√°tico toda a pol√≠tica econ√≥mica.

5. Recuperar o carácter progresivo do sistema fiscal, un imposto das grandes fortunas que permita unha progresiva socialización das enormes fortunas especulativas e con eses recursos financiar proxectos para un futuro sustentábel.

6. Preservar os servizos p√ļblicos a comezar pola conquista m√°is revolucionaria: o sistema p√ļblico de pensi√≥ns.

7. Repensar o consumo, o aforro e o tempo de traballo.

8. Re-elaborar o concepto de soberanía, con especial coidado pola alimentar, a enerxética e a financeira... e, por suposto, a soberanía política. Verbigracia a expropiación dos encoros construídos no franquismo cuxa inversión privada foi abondosamente recuperada.

9. Dereito a unha informaci√≥n veraz: Lei anti-libelo, medios de comunicaci√≥n p√ļblicos e en galego e reclamaci√≥n dun estatus especial que garanta a independencia dos xornalistas.

Galiza xullo de 2011

voltar arriba

©  Encontro Irmandiño, 2011
Apartado de Correos 356  |  15010 A Coruña
aviso legal