X
nome * enderezo electrónico * enderezo postal concello teléfono * mensaxe *
adxunto
código de seguridade *
imaxe de seguridade
cambiar código
* campos obrigatorios
domingo, 30 de abril de 2017

pesquisar

subscrición

recibirá vía e-mail toda a información de interese
sitios de interese

Anova - Irmandade Nacionalista

14 de xullo de 2012

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

ir ao sítio...

SLG

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

ir ao sítio...

Liga Estudantil Galega

Liga Estudantil Galega

ir ao sítio...

Terceira Carta às Esquerdas

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

ir ao sítio...

Mocidade Irmandinha

Grupo de Traballo de Mocidade do EI

ir ao sítio...
ver máis sitios de interese...
DO ENCONTRO comunicacións

É tempo dunha fronte ampla a prol da refundación

O Encontro Irmandiño diante do proceso de celebración da Asemblea Nacional

13/01/2012

 

A celebración das Asembleas Comarcais do BNG, marcan o inicio da fase de debate dos documentos presentados nesta ocasión. Diante desta etapa, que debe concluír coa celebración do Plenario da Asemblea Nacional, queremos dirixirnos a todos e todas os/as afiliados/as do E.I e do BNG para informar e declarar:


1.- Para o E.I, como temos explicado dende hai moito tempo, e como seguimos explicando en todos os actos que estamos celebrando en todo o país, a próxima Asemblea Nacional do BNG, é a oportunidade de iniciar un proceso de refundación e rexeneración do BNG, que permita convertelo no suxeito da acción política ao servizo do pobo galego, nunha organización útil e democrática que permita convertelo no referente político que represente á inmensa maioría da sociedade galega que o precisa con urxencia.

Malia as trabas “aparato do BNG” pon á participación, o BNG está nas mans dos milleiros de afiliadas e afiliados que o compoñemos e que de novo podemos participar directamente sen prestar a nosa representación a ningún delegado.

Polo tanto, a próxima Asemblea Nacional, é derradeira oportunidade de iniciar un proceso de rexeneración do BNG que, sen dúbida, será prolongado no tempo, mais profundamente necesario para o BNG e para Galiza.


2.- O Encontro Irmandiño sabe que para lograr o ambicioso obxectivo que pretendemos, é necesario construír unha grande alianza, unha ampla fronte plural de consenso interno do que só ficará excluído quen así o queira, de organizacións e afiliados e afiliadas individuais do BNG que, coma nós, partillen as ideas de renovación, refundación e rexeneración do BNG.

Facemos un chamado a concertar as bases para esa fórmula que estamos seguros será exitosa na Asemblea Nacional. Hai tempo e forza sobrada para iso se as vontades expresadas se materializan.

Temos que expresar o noso optimismo pois, a modo máis de xeito constante, prodúcense adhesións de colectivos e sobre todo de persoas independentes convencidas da necesidade da confluencia nesta fórmula.


3.- Neste sentido, comunicamos que seguiremos a traballar para conseguir o máximo de unidade arredor destes obxectivos, co máximo de xenerosidade e supeditando calquera interese de parte ao interese xeral do BNG e de Galiza. E so esixiremos o mesmo.


4.- Diante da celebración nestes días das Asembleas Comarcais do BNG, facemos un chamamento á participación de todos e todas os/as afiliados/as do BNG. O BNG debe recuperar a súa capacidade de debate e entendemento ao marxe das ambicións persoais ou de grupo. Ademais, animamos aos afiliados e afiliadas do E.I, a asistir e defender o voto particular a presentado polo noso partido, convencidos de que nel reflíctense os elementos estruturais básicos que poderíamos aceptar todos e todas e que permitirían a refundación e rexeneración do BNG.

voltar arriba

comentarios:


nome:
enderezo electrónico:
comentario:


Envía o teu comentario

Podes enviarnos o teu comentario ao respecto desta información. Evita o uso de ...

Capitan

14/01/2012 Que alegría que sentín ao ver a Teresa Táboas á diestra de Beiras na roda de prensa de hai uns días. Adiante sen medo, con Táboas e Martiño ó frente a esquerda nacionalista galega ten máis futuro que nunca. Hai que apostar por eles baixo

Capitan

14/01/2012 Que alegría que sentín ao ver a Teresa Táboas á diestra de Beiras na roda de prensa de hai uns días. Adiante sen medo, con Táboas e Martiño ó frente a esquerda nacionalista galega ten máis futuro que nunca. Hai que apostar por eles baixo

xose manuel

14/01/2012 Esperamos que nese fronte ampla se meta tamén masi galiza xa que seria a forma de que o mesmo tempo de considerar os independentes , tamén sumarian para rexenerar o BNG , incluso en esa posible executiva de consenso podian ser portavoces todas e todos xa que tamén é unha forma de que no BNG estan todos no mesmo barco , e todos sabemos o rumbo a tomar , ánimo coa FRONTE AMPLA , e a sumarrrrrrrrrrrrr.

©  Encontro Irmandiño, 2011
Apartado de Correos 356  |  15010 A Coruña
aviso legal