X
nome * enderezo electrónico * enderezo postal concello teléfono * mensaxe *
adxunto
código de seguridade *
imaxe de seguridade
cambiar código
* campos obrigatorios
domingo, 30 de abril de 2017

pesquisar

subscrición

recibirá vía e-mail toda a información de interese
sitios de interese

Anova - Irmandade Nacionalista

14 de xullo de 2012

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

ir ao sítio...

SLG

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

ir ao sítio...

Liga Estudantil Galega

Liga Estudantil Galega

ir ao sítio...

Terceira Carta às Esquerdas

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

ir ao sítio...

Mocidade Irmandinha

Grupo de Traballo de Mocidade do EI

ir ao sítio...
ver máis sitios de interese...
DO ENCONTRO comunicacións

O noso compromiso para gañar

O Encontro Irmandiño diante do proceso de celebración da Asemblea Nacional

14/01/2012

 

O EI segue apostando por unha fronte ampla para iniciar un proceso de refundación e rexeneración do BNG, que permita convertelo no suxeito da acción política ao servizo do pobo galego, nunha organización útil e democrática que permita convertelo no referente político que represente á inmensa maioría da sociedade galega que o precisa con urxencia.

Por tanto é necesario construír unha grande alianza, unha ampla fronte plural de consenso interno, do que ficaría excluído quen así o queira, de organizacións e afiliados e afiliadas individuais do BNG que, coma nós, partillen as ideas de renovación, refundación e rexeneración do BNG.

Só unha candidatura aberta a todas as persoas que estamos a prol disto, especialmente grupos e persoas independentes que asumen medidas como as propostas polo EI nas súas teses ten garantía de éxito.

Facemos un chamado a concertar as bases para esa fórmula que estamos seguros será exitosa na Asemblea Nacional, porque aínda hai tempo para iso se as vontades expresadas se materializan.

O Encontro seguirá a traballar para conseguir o máximo de unidade arredor destes obxectivos, co máximo de xenerosidade e supeditando calquera interese particular ao interese xeral do BNG e de Galiza.

Queremos facer público tamén o noso compromiso de que, se os avatares deste proceso levasen a que non houbese unha única lista que propugne a refundación do BNG, daremos o noso apoio á lista mais votada na segunda volta para garantir ao máximo as posibilidades e evitar que a UPG e o seu candidato teñan unha maioría que lles permita seguir nesta liña actual que leva o BNG á súa extinción.

voltar arriba

comentarios:


nome:
enderezo electrónico:
comentario:


Envía o teu comentario

Podes enviarnos o teu comentario ao respecto desta información. Evita o uso de ...

xose manuel

15/01/2012 Fronte ampla e plural sin personalismos , GALIZA por encima de todas/os

xose manuel

15/01/2012 Fronte ampla e plural sin personalismos , GALIZA por encima de todas/os

fronte plural

15/01/2012 Polo ben do País: fronte plural con programa posterior de integración de aínda máis colectivos e xentes de dentro e fóra do bng.

manolo

15/01/2012 Adiante con esa fronte plural!

Capitán

15/01/2012 Adiante con Teresa Táboas e Martiño Noriega !

©  Encontro Irmandiño, 2011
Apartado de Correos 356  |  15010 A Coruña
aviso legal