![]() ![]() |
Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituÃda o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.
A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta
Liga Estudantil Galega
Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos
Grupo de Traballo de Mocidade do EI
Dende o Encontro Irmandiño queremos manifestar o noso decidido apoio ás veciñas e veciños de Carnota e de toda a Costa da Morte, que se están a organizar cÃvica e exemplarmente a prol da declaración do Monte Pindo como Parque Natural.
Para as irmás e irmáns que nos artellamos ao redor do Encontro Irmandiño a protección da natureza non é un tema menor. Mais ben ao contrario, neste contexto de crise que vivimos, somos conscientes de que corremos o risco de que os valores naturais da Galiza nosa sexan esnaquizados de vez, con desregulamentacións e novos movementos especulativos, a causa da terrÃbel falta de imaxinación para desenvolver alternativas económicas sustentábeis por parte de quen nos malgoberna.
Asemade, se ben a curto prazo a crise económica parece ser a que máis nosa afecta, a medio e longo prazo a crise ambiental planetaria –mudanza climática, destrución de hábitats, extinción de especies, etc– é o noso problema máis serio, de xeito que a procura da sustentabilidade, na que a protección da natureza dende o ollar da ecoloxÃa social é unha parte fundamental, xa non é só algo desexábel, senón radicalmente imprescindÃbel, vital.
A declaración do Monte Pindo como Parque Natural arranxarÃa ademais un chisco as ridÃculas cifras que temos na Galiza no eido dos espazos protexidos. Sirva como exemplo que a nosa Rede Natura é a máis ridÃcula de Europa, pois só supón o 12% da superficie do paÃs –no mellor dos casos o 15% se sae adiante o Plan Director presentado pola Xunta a finais de 2011–, fronte ao 28% da media estatal, o 20% de Portugal ou o 18% da Unión Europea.
Por último, dende o Encontro irmandiño queremos lembrar que, malia que a declaración de espazos protexidos é un paso previo imprescindÃbel, a protección da natureza é moito máis, pois debe saber conxugar a preservación dos nosos ecosistemas e especies, coa sustentabilidade dos nosos xeitos de vida, da nosa economÃa produtiva, da nosa cultura e da nosa historia. Protección da natureza e sustentabilidade das comunidades humanas deben ir da man, polo que debemos ser conscientes que os obxectivos non radican só en establecer figuras de protección como se foran tÃtulos nobiliarios, que é o que acontece hoxe coa polÃtica ambiental do goberno Feijoó, senón en harmonizar acaidamente o binomio humanidade-natura.
Por todo isto, dende o Encontro Irmandiño animamos á cidadanÃa galega a apoiar e facer súa a manifestación que, convocada pola Asociación Monte Pindo Parque Natural, terá lugar o vindeiro 14 de abril entre O Ézaro e as egrexias abas granÃticas do Pindo, patrimonio natural, cultural e histórico de todas as galegas e de todos os galegos.
Compostela, marzo de 2012