X
nome * enderezo electrónico * enderezo postal concello teléfono * mensaxe *
adxunto
código de seguridade *
imaxe de seguridade
cambiar código
* campos obrigatorios
venres, 26 de maio de 2017

pesquisar

subscrición

recibirá vía e-mail toda a información de interese
sitios de interese

Anova - Irmandade Nacionalista

14 de xullo de 2012

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

ir ao sítio...

SLG

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

ir ao sítio...

Liga Estudantil Galega

Liga Estudantil Galega

ir ao sítio...

Terceira Carta às Esquerdas

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

ir ao sítio...

Mocidade Irmandinha

Grupo de Traballo de Mocidade do EI

ir ao sítio...
ver máis sitios de interese...
DO ENCONTRO comunicacións

O Pindo: patrimonio común, loita común

04/03/2012

 

Dende o Encontro Irmandiño queremos manifestar o noso decidido apoio ás veciñas e veciños de Carnota e de toda a Costa da Morte, que se están a organizar cívica e exemplarmente a prol da declaración do Monte Pindo como Parque Natural.

Para as irmás e irmáns que nos artellamos ao redor do Encontro Irmandiño a protección da natureza non é un tema menor. Mais ben ao contrario, neste contexto de crise que vivimos, somos conscientes de que corremos o risco de que os valores naturais da Galiza nosa sexan esnaquizados de vez, con desregulamentacións e novos movementos especulativos, a causa da terríbel falta de imaxinación para desenvolver alternativas económicas sustentábeis por parte de quen nos malgoberna.

Asemade, se ben a curto prazo a crise económica parece ser a que máis nosa afecta, a medio e longo prazo a crise ambiental planetaria –mudanza climática, destrución de hábitats, extinción de especies, etc– é o noso problema máis serio, de xeito que a procura da sustentabilidade, na que a protección da natureza dende o ollar da ecoloxía social é unha parte fundamental, xa non é só algo desexábel, senón radicalmente imprescindíbel, vital.

A declaración do Monte Pindo como Parque Natural arranxaría ademais un chisco as ridículas cifras que temos na Galiza no eido dos espazos protexidos. Sirva como exemplo que a nosa Rede Natura é a máis ridícula de Europa, pois só supón o 12% da superficie do país –no mellor dos casos o 15% se sae adiante o Plan Director presentado pola Xunta a finais de 2011–, fronte ao 28% da media estatal, o 20% de Portugal ou o 18% da Unión Europea.

Por último, dende o Encontro irmandiño queremos lembrar que, malia que a declaración de espazos protexidos é un paso previo imprescindíbel, a protección da natureza é moito máis, pois debe saber conxugar a preservación dos nosos ecosistemas e especies, coa sustentabilidade dos nosos xeitos de vida, da nosa economía produtiva, da nosa cultura e da nosa historia. Protección da natureza e sustentabilidade das comunidades humanas deben ir da man, polo que debemos ser conscientes que os obxectivos non radican só en establecer figuras de protección como se foran títulos nobiliarios, que é o que acontece hoxe coa política ambiental do goberno Feijoó, senón en harmonizar acaidamente o binomio humanidade-natura.

Por todo isto, dende o Encontro Irmandiño animamos á cidadanía galega a apoiar e facer súa a manifestación que, convocada pola Asociación Monte Pindo Parque Natural, terá lugar o vindeiro 14 de abril entre O Ézaro e as egrexias abas graníticas do Pindo, patrimonio natural, cultural e histórico de todas as galegas e de todos os galegos.


Compostela, marzo de 2012

voltar arriba

©  Encontro Irmandiño, 2011
Apartado de Correos 356  |  15010 A Coruña
aviso legal