![]() ![]() |
Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituÃda o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.
A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta
Liga Estudantil Galega
Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos
Grupo de Traballo de Mocidade do EI
O Encontro Irmandiño saúda fraternalmente e celebra as iniciativas xurdidas da sociedade civil encamiñadas a conter e reverter os brutais ataques aos intereses das clases populares perpetrados polo goberno de Mariano Rajoy baixo os ditados da troika composta pola Comisión europea, o BCE e máis o FMI e apoia plenamente a mobilización convocada polo movemento 15M para o vindeiro sábado 12 de maio.
No momento presente, en que a ofensiva ultraliberal quere aproveitar a crise sistémica para desmontar unha por unha as conquistas históricas da cidadanÃa do común, é hora de reaccionarmos para defender dereitos que nos pertencen e que foron gañados co sacrificio de moreas de persoas ao longo da historia.
O Encontro Irmandiño chama aos seus militantes e simpatizantes a sumárense en pé de igualdade co resto da cidadanÃa galega para "tomar a rúa" nas mobilizacións do 12 de maio que están convocadas en diferentes cidades e vilas Galiza.