![]() ![]() |
Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituÃda o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.
A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta
Liga Estudantil Galega
Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos
Grupo de Traballo de Mocidade do EI
O Encontro Irmandiño ante certas informacións que están aparecendo nalgúns medios, foros e redes sociais a respecto dos contactos que diversas forzas polÃticas que estamos a prol do Novo Proxecto Común estamos a manter, en concreto os habidos entre Acción Galega, +Galiza, Ecogaleguistas e o EI, queremos en exercicio da necesaria veracidade e transparencia á cidadanÃa, comunicar o que segue:
1. En ningún momento estando presente o Encontro Irmandiño se fixou ningunha data para que este foro se pronunciase cun manifesto en ningún sentido a respecto do proceso de construción da nova forza polÃtica.
Isto serÃa incongruente coa postura mantida, e expresada fora e dentro, polo Encontro sobre o carácter deses contactos que non deben interferir no proceso de construción que debe ser de abaixo cara arriba para facer algo novo, participado e útil sen caer en vellos modos e erros doutras forzas que ven como a cidadanÃa lles viran as costas.
2. O Encontro Irmandiño manifesta as súa vontade de continuar estes contactos co seu carácter inicial de servir de lugar de encontro para explorar mutuamente, intercambiar opinión e as ideas da pluralidade existente no nacionalismo e facilitar e axudar ao impulso respectando o proceso desde as asembleas de base, sen montar acordos de cúpulas para condicionar a participación cidadán.
Estamos convencidos de que esas asembleas nacionalistas constituÃdas son o mellor espazo para dialogar e acordar, aÃnda desde puntos de partida diferentes, o que nos une que non é outra cousa que a defensa da nosa nación e dos dereitos e benestar da súa cidadanÃa.
Neste sentido facemos un chamamento ás forzas polÃticas que estean a prol do novo proxecto a animar ao conxunto da súa militancia a participar neste proceso asembleario como xa o están a facer moitas xentes nas ducias de asembleas en marcha.
Galiza, 11 de maio de 2012
COORDINADORA DO ENCONTRO IRMANDIÑO