X
nome * enderezo electrónico * enderezo postal concello teléfono * mensaxe *
adxunto
código de seguridade *
imaxe de seguridade
cambiar código
* campos obrigatorios
venres, 20 de outubro de 2017

pesquisar

subscrición

recibirá vía e-mail toda a información de interese
sitios de interese

Anova - Irmandade Nacionalista

14 de xullo de 2012

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

ir ao sítio...

SLG

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

ir ao sítio...

Liga Estudantil Galega

Liga Estudantil Galega

ir ao sítio...

Terceira Carta às Esquerdas

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

ir ao sítio...

Mocidade Irmandinha

Grupo de Traballo de Mocidade do EI

ir ao sítio...
ver máis sitios de interese...
DO ENCONTRO comunicacións

O EI propón un proceso incluínte

16/05/2012

 

O Encontro Irmandiño tivo hoxe un contacto para intercambio de opinións sobre a marcha do NPC con Acción Galega, +Galiza e Ecogaleguistas. O EI reiterou nel que o carácter deses contactos non deben interferir no proceso de construción que debe ser de abaixo cara arriba para facer algo novo, participado e útil. Non podemos caer en vellos modos substituíndo a participación directa da cidadanía.

Neste sentido o Encontro Irmandiño propuxo aos outros grupos a implicación de todos eles nun esforzo de participación coas militancias respectivas na construción deste novo referente político pola base, integrándose a título individual nas asembleas que en número de máis de 25 xa están constituídas ao longo e ancho do País.

Porque estamos convencidos de que nin os catro grupos hoxe reunidos nin con todos os outros grupos que se teñen manifestado a prol do NPC, representamos a toda a cidadanía disposta a participar na súa construción e porque non podemos aceptar acordos excluíntes é polo que afirmamos que son as asembleas, onde cada persoa ten un voto, o mellor espazo para dialogar e acordar, aínda desde puntos de partida diferentes, o que nos une que non é outra cousa que a defensa da nosa nación e dos dereitos e benestar da súa cidadanía.

O EI propuxo aos outros grupos agardar que se formulen dende as asembleas propostas de definición e de programas para que o proceso sexa de baixo cara arriba e a iniciativa sexa dos cidadáns e non dunha cúpula excluínte de partidos. Este proceso estímase que no prazo dun mes daría unha proposta avalada polas asembleas e elaborada nunha coordinación nacional como xa están a demandar moitas delas.

voltar arriba

comentarios:


nome:
enderezo electrónico:
comentario:


Envía o teu comentario

Podes enviarnos o teu comentario ao respecto desta información. Evita o uso de ...

manuel

27/05/2012 O mellor sería eliminar os grupusculos ,e representaren individualmente no npc,mais se iso non puidera ser o fundamental é un sistema asambleario,democratico(aínda que é mais xusto se todos contamos o mesmo)quizais algún grupo non se fíe,poñedelle as cousas claras a quen queira un sistema (pp ou psoe)iso esta moi ben para os caziques ,esperemos que non pase coma no bng,sorte.

Iván

25/05/2012 Paréceme moi axeitado o planteamento de levalo desde as bases e mediante asambleas. Queria saber onde se realizan para asistir a algunha.

Portos

23/05/2012 Como se pode participar nos procesos asemblearios? Interésame, máis que nada, todo o relacionado co medio rural. Saúde

Fer

20/05/2012 Adiante co proceso. Estou de acordo con este plantexamento aínda que se necesite un esforzo a maiores por parte da xente para ir as asambleas. Hai que volver palpar á xente!!!!

María

17/05/2012 O proceso das Asembleas, se segue con forza, vai constituír unha masa crítica imprescindíbel para un novo referente político electoral ou máis alo.

Suso

17/05/2012 Totalmente de acorco con tal plantexamento. Un saudo, e feliz día das letras galegas.

©  Encontro Irmandiño, 2011
Apartado de Correos 356  |  15010 A Coruña
aviso legal