X
nome * enderezo electrónico * enderezo postal concello teléfono * mensaxe *
adxunto
código de seguridade *
imaxe de seguridade
cambiar código
* campos obrigatorios
sábado, 19 de agosto de 2017

pesquisar

subscrición

recibirá vía e-mail toda a información de interese
sitios de interese

Anova - Irmandade Nacionalista

14 de xullo de 2012

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

ir ao sítio...

SLG

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

ir ao sítio...

Liga Estudantil Galega

Liga Estudantil Galega

ir ao sítio...

Terceira Carta às Esquerdas

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

ir ao sítio...

Mocidade Irmandinha

Grupo de Traballo de Mocidade do EI

ir ao sítio...
ver máis sitios de interese...
DO ENCONTRO opinión

A exclusión de Bildu e Garcia Couso

As exclusións antidemocráticas das candidaturas de Bildu e do Alcalde de Arzúa certificarían o fin do pluralismo político

03/05/2011

 

O fundamento da sentencia contra Bildu é máis parecido aos certificado de boa conduta do franquismo que ás probas que nun estado de dereito fundamentan unha privación de dereitos.

A Sentencia do Tribunal Supremo anulando as candidaturas de Bildu confirma o "estado de excepción" creado coa reforma da Lei de Partidos Políticos e a de Réxime Electoral Xeral.

Os efectos das antidemocráticas leis chegaron tamén ao noso País coa exclusión do candidato do BNG en Arzúa, o compañeiro Xaquín Garcia Couso, como consecuencia de irregularidades do anterior alcalde do PP e sen que haxa aínda condena firme.

So o Tribunal Constitucional poderá remediar o atropelo que se comete contra a democracia cando as leis e os tribunais dan valor de firme a unha condena que non o é ou constrúen a xustificación para privar a milleiros e milleiros de cidadáns vascos de participar nas eleccións, sobre da base dun relato da fiscalía e da avogacía do estado máis parecido aos certificado de boa conduta do franquismo que ás probas que nun estado de dereito fundamentan unha privación de dereitos.

De prosperar tropelía antidemocrática do PP e do PSOE, estabelecerase o precedente de que unha decisión política amparada por un tribunal decide quen pode participar ou non na democracia española e certificará o fin do pluralismo político que con tanta solemnidade consagra a Constitución.

voltar arriba

©  Encontro Irmandiño, 2011
Apartado de Correos 356  |  15010 A Coruña
aviso legal