X
nome * enderezo electrónico * enderezo postal concello teléfono * mensaxe *
adxunto
código de seguridade *
imaxe de seguridade
cambiar código
* campos obrigatorios
domingo, 30 de abril de 2017

pesquisar

subscrición

recibirá vía e-mail toda a información de interese
sitios de interese

Anova - Irmandade Nacionalista

14 de xullo de 2012

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

ir ao sítio...

SLG

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

ir ao sítio...

Liga Estudantil Galega

Liga Estudantil Galega

ir ao sítio...

Terceira Carta às Esquerdas

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

ir ao sítio...

Mocidade Irmandinha

Grupo de Traballo de Mocidade do EI

ir ao sítio...
ver máis sitios de interese...
DO ENCONTRO mocidade

Le e participa nos comentarios

Unha proposta da Mocidade do Encontro

30/04/2012

 

a mocidade irmandiña por un novo proxecto común!
Santiago de Compostela, 25 de abril de 2012 [xuntanza do grupo de traballo de Mocidade do EI]

Ante a situación de ataques sistemáticos contra a maioría social, dende a privatización das caixas galegas ata a destrución da sanidade pública ou a suba das taxas universitarias; cun paro xuvenil na Galiza que acada un 40%, véndose a mocidade galega, a máis formada da historia, tendo que coller en masa as maletas para buscar emprego fóra; nun momento de regresión social con ataques aos dereitos das mulleres e ás persoas migrantes; cando o noso idioma e todos os nosos sinais de identidade son obxectivos dun exterminio planificado; cun sistema capitalista que coloca ao planeta nos seus límites ecolóxicos, provoca fame e guerras por recursos, nun mundo cada vez máis inxusto, a mocidade galega consciente debemos organizármonos e dar unha resposta contundente.

Atopámonos nunha época de cambio histórico, tanto a nivel mundial coma no que afecta a Galiza, (1) no nacionalismo galego, (2) na estrutura social da Galiza e (3) no marco xurídicopolítico do Estado saído da fraude da Transición e consideramos que, neste contexto, o nacionalismo xuvenil non está a dar a resposta necesaria nunha organización con incidencia na sociedade civil, que sirva para espallar un proxecto transformador, nin tampouco foi capaz de artellarse nunha forza política acaída á realidade do nacionalismo galego: plural, horizontal e aberta. Este escenario levou á atomización organizativa da mocidade nacionalista, con múltiples organizacións na mocidade que, en distintos eidos, combatimos - todas con afouteza, cada unha cos medios que pode - por unha Galiza ceibe, pero que debemos aspirar, conxuntamente, a que o nacionalismo galego, coma nos noventa, volva ser hexemónico entre a xente moza.

No Encontro Irmandiño, a mocidade imos reforzar a nosa organización, seguindo plenamente integradxs no Encontro Irmandiño, coas súas dinámicas asemblearias e participativas, agrupando á xente moza irmandiña menor de trinta anos que o desexe e abrindo espazos para a colaboración de persoas mozas non afiliadas ao EI.

Con todo, esta nova organización da mocidade irmandiña tén o principal obxectivo de contribuír á unidade de acción do nacionalismo xuvenil nun novo referente plural, asembleario, con vontade de acoller a toda a mocidade rebelde galega, e que se constrúa de abaixo cara arriba ao compás da creación do novo proxecto común nacionalista que Galiza precisa, co obxectivo de crear a posteriori, se é o caso, unha organización da mocidade da nova organización política galega. Por iso, facemos un chamamento a todas as organizacións xuvenís nacionalistas e a toda a mocidade interesada en organizármonos para combater este sistema depredador e acadar unha Galiza ceibe nun mundo xusto e propomos celebrar unha Asemblea Aberta de todamocidade galega que estamos por un Novo Proxeco Común para o debate sobre estas cuestións, á vez que continuamos a traballar nas comarcas na constitución deste novo referente político.

No grupo de traballo de Mocidade do EI consideramos que o resultado do proceso será o que se decida asembleariamente de abaixo cara arriba, tentando confluír nun programa estratéxico de emancipación nacional e social que aglutine as súas distintas lecturas.

Sobre a cita electoral á vista, consideramos que, con ser moi importante pola oportunidade de botar da Xunta ao PP, as eleccións – nas que habemos de implicármonos activamente – non poden condicionar o proceso a longo prazo de construír un movemento para a soberanía do noso País, para o cal se deben sentar ben as bases.

Con este chamamento á mocidade galega polo Novo Proxecto Común, a xente moza do Encontro Irmandiño queremos por o grao de area neste tempo de creación colectiva.

Unha aperta irmandiña.
MOCIDADE DO ENCONTRO IRMANDIÑO

voltar arriba

comentarios:


nome:
enderezo electrónico:
comentario:


Envía o teu comentario

Podes enviarnos o teu comentario ao respecto desta información. Evita o uso de ...

boa proposta

03/05/2012 Unha proposta interesante e valente: non vale todo.

©  Encontro Irmandiño, 2011
Apartado de Correos 356  |  15010 A Coruña
aviso legal