A doutrina dos "dous mundos"... no actual nacionalismo galego

Cando, no 1916, abrolla a gomariza das Irmandades da Fala e ben axiña, no 1918, celebran en Lugo a I Asambleia Nazonalista, o movemento emancipador enfronta un dobre repto de decantación ideolóxico-política: tanto no eixo da contradición nacional co Estado español canto no da conflitividade social interna. No primeiro, trátase de sobardar a equívoca -e ao cabo políticamente frustrante- formulación "rexionalista" da precedente etapa finisecular. Neste eido, o "Manifesto" aprobado pola Asambleia pronúnciase de xeito argumentado e en termos inequívocos: "Tendo a Galicia todal-as características esenciaes de nazonalidade, nós, nomeámonos, d-oxe pra sempre, nazonalistas galegos, xa que a verba rexionalismo non recolle todal-as aspiraciós nin encerra toda a intensidade dos nosos problemas". Con todo, a fórmula escollida para o exercizo da soberanía nacional galega non é a dun estado independente, senón a dun "Poder Galego" -lexislativo, executivo e xudicial- con "Autonomía integral" dentro dun pacto federal-confederal -"Federación da Ibéria" aberta a "chegar á federación con Portugal".

Ler máis...
 

A doutrina dos "dous mundos"... no actual nacionalismo galego (II)

"Cremos que é precisa esta profunda reflexión da esquerda galega que xa iniciamos na Rolda de Rebeldía. Non se trata de guerras internas de "los del Bloque" -que ademáis o proceso excede os límites do nacionalismo organizado- nin de ensimesmarse nin de abrirse á sociedade. Trátase de exercermos de cidadáns e cidadás, no sentido republicano, e de forzar a conciencia crítica do noso pobo, que non pode ninguén negar a capacidade das xentes do común para enfrontar este repto, malia aceptando a actuación dos mecanismos coloniais e alienantes de distinto signo que difunden os "falsimedia" e demáis aparatos: todas e todos temos na nosa man rematar "con esta vergonza", e non por ser demasiado pobre ou demasiado iletrado, ou demasiado vella ou demasiado novo deixamos de ter algo que aportar".

Ler máis en Galicia Hoxe

 

Uxio Novoneyra foi homenaxeado en Sober por Encontro Irmandiño

Beiras participou nunha lectura compartida de poemas de escritor do Courel

encontro_SoberEncontro Irmandiño, a corrente do BNG que encabeza Xosé Manuel Beiras, homenaxeou onte ao pé do santuario de Cadeiras a Uxío Novoneyra cunha lectura compartida de poemas do escritor do Courel, ao que este ano se lle dedicou o Día das Letras Galegas. O recital tivo lugar no primeiro encontro de verán organizado por este colectivo, que se celebrou no concello de Sober coa participación duns sesenta simpatizantes. Os actos remataron cunha charla de Beiras no centro sociocultural de Sober co lema A crise: consecuencias e alternativas .

Ler máis...
 
As candidaturas menos plurais de toda a historia do BNG

O Encontro Irmandiño vota en contra das listas eleitorais elaboradas nun procedimento viciado de principio.

A UPG consuma o seu control das cidades coa abstención de +Galiza que asume as teses máis pactistas desta corrente.

Congruentemente coa nosa postura mantida ao longo de todo o proceso de elaboración das listas, e independentemente das circunstancias das distintas localidades, os membros do Encontro Irmandiño no Consello Nacional fixeron un voto negativo a conxunto das mesmas.
A nosa oposición foi dende un principio ao procedemento e calendario establecido no Regulamento e á aplicación que as circulares e interpretacións que se fixeron dende a Comisión Executiva: por ser unha elaboración extemporánea para todo o primeiro tramo de lista con todo o que significa de desmantelamento dos grupos actuais a un ano das eleccións, un confronto de listas que logo se ven forzadas a procesos de integración nos que non se garanten os criterios do BNG de pluralismo, unha manipulación dos censos lesionando dereitos de participación de militantes,...que fixo que as listas aprobadas hoxe polo Consello Nacional para concorrer ás eleccións municipais de maio do ano que vén sexan as menos plurais de toda a historia do BNG.

 

Non nos queda outra que a rebelión cívica pero organizada!

 

Galiza precisa máis ca nunca que as forzas políticas propias a defendan. A crise bancaria internacional parcheada con cartos públicos, produciu a crise da economía produtiva cuxa saída non se albisca aínda mentres o capital financeiro ameaza aos estados que o salvaron e imponlles políticas antisociais como as que xa estamos a sufrir. Nesta situación o Encontro Irmandiño cre que deixar aparcado o proxecto estratéxico da liberación nacional e social de Galiza sería máis grave ca nunca.

Porque autodeterminación é un proceso que deben liderar os sectores máis dinámicos e conscientes da sociedade galega.O nacionalismo debe achegar recursos para eses procesos e favorecer esas dinámicas. Para todo iso precisamos unha actuación política máis decidida na sociedade, restablecer as canles cos movementos socias, coa sociedade civil.

boletin4


Podes descarregar o boletín número 4, en formato pdf, do Encontro Irmandiño premendo na imaxe

 
Encontro Irmandiño en Sober

Encontro Irmandiño en Sober

XOSELOISGARCIA

XOSÉ LOIS GARCÍA

ecos da berenguela  

http://www.galiciahoxe.com/opinion/gh/encontro-irmandino-sober/idEdicion-2010-08-10/idNoticia-578025/

 

 

Sober é un dos territorios do sur da provincia de Lugo que ofrenda a visitantes unha gama de sorpresas inauditas. O concello de Sober conforma esa terra telúrica de entrambas augas do Sil e do Cabe, por onde o río se deita nesa fenda sísmica de rocha portentosa e sacralizada, do denominado canón do Sil, con seus miradoiros cara ó norte de Ourense que remata e do Lugo que comeza.

Ler máis...
 

A Secretaria de Organización incumpre os estatutos do BNG e o propio acordo da Executiva pasada e rexeita os recursos de militantes.

"So nos queda apelar á maioría do CN que sabemos está en contra das exclusións arbitrarias, para poñer fin a manipulación da UPG no censo"

"soubemos, polos medios de comunicación, que a Comisión Executiva acordou o pasado luns "atender" os recursos, pero hoxe coñecemos por compañeiras e compañeiros excluídos que a "atención" consiste nunha resposta de Montse Prado na que confirma a exclusión"

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 13