![]() ![]() |
Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.
A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta
Liga Estudantil Galega
Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos
Grupo de Traballo de Mocidade do EI
18/11/2011 A perda de referencias éticas e valores democráticos republicanos xunto ao medo e covardía das forzas políticas auguran un futuro negro se a sociedade civil non reaxe. Hoxe publicamos un interesante artigo do noso Portavoz Nacional X. M. Beiras escrito noutras circunstancias pero rabiosamente actual.
21/05/2011 Beiras fala das movilizacións de maio de 2011, tamén chamadas d@s indignad@s.
01/05/2011 ... o que está en crise é o proprio sistema-mundo capitalista ao que se lle aplicou ese modelo ultra-liberal de xestión político-económica. Quer dicir que tampouco o modelo keynesián desterrado no seu día polos ultra-liberais resolvería hoxe o problema estrutural que padece o sistema, nen sequer lograría por sí só "reflotar" a economía do seu centro, como recoñecen neo-keynesiáns tan acreditados como o Nobel Paul Krugman, por caso -inanque paliaría, certamente, os efectos máis negativos da crise, e por suposto que non os agravaría como están a facelo as receitas ultraliberais que teimudamente están a aplicarse aínda arestora.
24/04/2011 O pacto constitucional está rompido por obra dos mesmos actores que foran os seus artífices hai un terzo de século, a soberanía "nacional" cedida á UE e o FMI, os inquilinos do aparello de estado manexados coma monecos de ventrílocuo polo poder imperial e os seus missi dominici, o poder xudicial a facer "mangas e capirotes" dos dereitos cidadáns á marxe de calquer control democrático, a xerarquía católica reinstalada no sectarismo inquisitorial da "cruzada", e o capital financeiro transnacional convirtido en bailleur de fonds dunha metamorfose do nazi-fascismo encarnado nunha ultradereita reacionária e xenófoba disfrazada de popular: a farsa tráxica está servida no "corral nublado" de Max Estrella.
17/04/2011 A "crise económica da época presente" que Brañas analisa e tenta diagnosticar no seu extenso discurso académico de 1892 non é outra que a famosa "crise finisecular" do XIX, que se desencadea a partir do 1873, vaise prolongar durante decenios, e atravesar inclusive os "felices" anos da belle époque, deica acadar o seu primeiro desenlace en forma de conflito bélico mundial, a Gran Guerra de 1914-18 -e digo primeiro desenlace porque, en rigor, o subseguinte período de entre-guerras vai constituir unha prolongación dese proceso de crise sistémica, que desembocará na Grande Depresión e só concluirá co estoupido da IIª Guerra Mundial: nada menos que meio século longo de duración, portanto. Esa crise marca e abrangue o declive da Gran Bretaña como epicentro do sistema-mundo de entón, ou sexa, do conxunto do sistema capitalista ao nível de mundialización acadado naquela altura. Trátase, xa que logo, dunha crise de hexemonía: o solpor e empardecer da Gran Bretaña como potencia hexemónica do sistema económico mundial.
10/04/2011 A leición de Brañas versaba sobre a crise económica da sua época, e o relembrármolo ocasionou que a nosa conversa virase cara a crise financeira que arestora estaba a estoupar no corazón do imperio. Néstas, ao Afonso ocurríuselle suxerir a oportunidade de editar agora ese discurso traducido ao galego. Dito e feito -o Afonso évos un home resolutivo: púxose á obra decontado. Mais, non dispóndomos do volume que eu posuira, compríalle percurar outro exemplar asequíbel para traballar nil -e non semellaba doado, dada a rareza de aquela publicación. Resolveulle o problema a impar "Biblioteca Penzol": alí estaba a obra, e permitíronlla fotocopiar. Púxose a traducila il mesmo -e velaeiqui está. Hai aínda poucas semanas que saíu do prelo, editada en versión galega por Toxos Outos e Unipro-editorial, a leición que pronunciara Alfredo Brañas na Universidade de Santiago en 1892: "A crise económica na época presente e a descentralización rexional". Un dos editores, Afonso Ribas, propuxérame facer un limiar para esta reaparición dese moi esquencido ensaio de Brañas que, malia ser publicado daquela, nunca volvera ser imprentado até agora. Aparecida esta nova edición, algún amigo enredante suxeríume partir o meu limiar en anacos pra publicalo, "por entregas", nesta páxina dominical do GH. Deixeime convencer, e velaí vos van a partir de hoxe, coas oportunas licencias dos editores e máis do paciente Tano. Disque haberá un agasallo para quen de vós dea chegado ao final da série sen indixestión de pedra -limiar, claro. A silicose seica está descartada -mais eu, que vós, non fiaría: o esnaquizado feito con rebarbadora levanta moito póo.
28/02/2011 Para o voceiro nacional, os "irmandiños" son a "semente" dun movemento político ante a "esclerose e obsolescencia das realidades". Hai que reconstruír a vinculación da sociedade civil e o aparato político.