X
nome * enderezo electrónico * enderezo postal concello teléfono * mensaxe *
adxunto
código de seguridade *
imaxe de seguridade
cambiar código
* campos obrigatorios
sábado, 16 de decembro de 2017

pesquisar

subscrición

recibirá vía e-mail toda a información de interese
sitios de interese

Anova - Irmandade Nacionalista

14 de xullo de 2012

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

ir ao sítio...

SLG

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

ir ao sítio...

Liga Estudantil Galega

Liga Estudantil Galega

ir ao sítio...

Terceira Carta às Esquerdas

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

ir ao sítio...

Mocidade Irmandinha

Grupo de Traballo de Mocidade do EI

ir ao sítio...
ver máis sitios de interese...
NOVAS do nacionalismo

Beiras. Axenda e vídeos de campaña

16/10/2012 Todos os vídeos dos mitíns de Beiras.Actualízanse diarimanete

ler máis...
NOVAS do nacionalismo

Día da Patria Galega

Mitin de Anova - Irmandade Nacionalista

Intervirán membros mozos e mozas da Coordinadora e o Portavoz Nacional, Xosé Manuel Beiras, .

24/07/2012 Mitin de ANOVA. Praza de Mazarelos en Santiago de Compostela ás 13:00 horas. Presentará Flor Maceiras e intervirán membros mozos e mozas da Coordinadora e Xosé Manuel Beiras, Portavoz Nacional. Ao remate do Mitin haberá un xantar autoxestionado no Parque de Belvís. Avisa ás amizades e rúlao pola rede.

ler máis...
NOVAS do nacionalismo

Avanzando na construcción

O 14 de xullo Asemblea Nacional Constituínte

As portas están abertas e a obra sen rematar

16/06/2012 A Coordinadora Provisoria de Asembleas nacionalistas constituída formalmente hoxe e que xa representa a xentes de case 100 concellos do País, fai un chamado á participación neste proceso que se manterá aberto á incorporación de novas asembleas e persoas que desexen participar na Asemblea constituínte o día 14 de xullo.

ler máis...
NOVAS do nacionalismo

Reunión de coordinación de asembleas

02/06/2012 Representantes de 43 asembleas por un Novo Proxecto Común, entre asembleas locais e comarcais de todo o País, concordaron hoxe en facer público o seguinte manifesto enviado aos medios de comunicación por Antonio Araúxo Quintas da Asemblea Nacionalista de Val Miñor. O manifesto e outras propostas someteranse ás asembleas locais que ademais poderán elixir quen os ha representar na Coordinadora Provisoria de Asembleas que se reunirá o sábado día 16 para, entre outras cousas, fixar o día da Asemblea Nacional Constituínte que se prevé celebrar no prazo aproximado dun mes.

ler máis...
NOVAS da Galiza

SOS sanidade pública

30/05/2012 As medidas de recorte tomadas polo Goberno Central, coa complicidade da Xunta de Galicia, introducen cambios fundamentais no sistema sanitario público que atentan contra a universalidade, a accesibilidade, a equidade e o carácter redistributivo da Sanidade Pública, e supoñen o inicio dunha contrarreforma sanitaria.

ler máis...
NOVAS do nacionalismo

Dende os concellos tendendo pontes

Documento íntegro suscrito polos concelleiros e alcaldes reunidos hoxe en Teo a prol da nova organización nacionalista.

26/05/2012 Desde o Encontro Irmandiño saudamos esta nova iniciativa de máis de 50 de cargos institucionais de 26 concellos que fan do servizo á cidadanía que os elexíu a súa aposta pola construción participada, aberta e dende abaixo a prol do novo proxecto político

ler máis...
NOVAS do Mundo

Tirado de Sin Permiso

“Vostedes aplican a Grecia Versalles, pero os gregos precisan Marshall.”

Gregor Gysi é o portavoz do grupo parlamentar da Esquerda (Die Linke) no Parlamento federal alemán

09/03/2012 Intervención de Gregor Gysi, portavoz do grupo parlamentar da Esquerda (DIE LINKE), o pasado 27 de febreiro no Parlamento alemán no debate parlamentar sobre a aprobación do último rescate de Grecia.

ler máis...
NOVAS da Galiza

8 de Marzo de 2012, Día Internacional das Mulleres

“FEMINISTAS GALEGAS EN LOITA POLOS NOSOS DEREITOS!! FEMINISMO MÁIS QUE NUNCA”

06/03/2012 ... contra os recortes de dereitos que estamos a sufrir, especialmente duros no caso das mulleres, participamos na Campaña do 8 de Marzo xunto con outros colectivos, que rematará cunha grande Manifestación Nacional en Compostela o domingo 11 de Marzo ás 12h desde a Estación de Tren.

ler máis...
NOVAS do nacionalismo

Candidatura ao Consello Nacional do BNG

CANDIDATURA PARA UN NOVO PROXECTO COMÚN, REFUNDACIÓN E REXENERACIÓN DO BNG

24/01/2012 Unha candidatura inclusiva e aberta a aquelas persoas e grupos políticos ou de base que apoien unha alternativa a prol dun “novo proxecto común para a rexeneración e refundación do BNG” reflectida nas nosas teses conxuntas. A candidatura está encabezada por Xosé Manuel Beiras Torrado e a persoa que optará a candidato do BNG á presidencia da Xunta de Galicia é Carlos Aymerich Cano.

ler máis...
NOVAS do nacionalismo

Consello Nacional do BNG sen acordos nin votacións

Guillerme retirou a solicitude de voto de confianza sobre a súa continuidade e a Executiva non atendeu á petición de dimisión.

26/11/2011 Ningunha novidade nin votación sobre a valoración dos resultados electorais do BNG. Que Galiza siga tendo representación en Madrid foi valorado moi positivamente por todas e todos os que se expresaron hoxe na reunión do Consello Nacional mais aquí rematan as coincidencias. A excepción da UPG e o portavoz nacional, todas e todos coincidiron en valorar como negativo que o BNG perdese perto de 30.000 votos sen ser quen de recoller parte do descenso electoral do PSOE.

ler máis...
NOVAS da Galiza

27-O en defensa da sanidade pública

O Encontro Irmandiño apoia as manifestacións e a Iniciativa Lexislativa Popular en defensa e promoción da sanidade pública galega.

26/10/2011 O Encontro Irmandiño apoia as manifestacións convocadas pola plataforma SOS Sanidade Pública para o día 27 de outubro en todas as áreas sanitarias. En defensa do carácter público da sanidade, pola xestión pública e directa dos servizos sanitarios, polo fortalecemento da Atención Primaria e polo mantemento do modelo descentralizado do sistema sanitario galego a través das áreas sanitarias.

ler máis...
NOVAS do Encontro

Agardamos a túa participación

Máis de 4.000.000 de páxinas vistas en tres anos.

15/09/2011 Estreamos nova web e agardamos que sexa do agrado dos que en tres anos nos deixaron 768.662 rexistros de visitantes únicos e máis de catro millóns de páxinas vistas. Coa mellora da accesibilidade que nos fará visíbeis para todos os navegadores e os novos trebellos tecnolóxicos, incluímos a creación de novos servizos e espazos.

ler máis...
NOVAS do Encontro

Éxito no II Encontro de verán

Inclúese unha selección de fotos de X.M. Pena que recollen momentos da xornada

13/09/2011 O Encontro Irmandiño celebrou en Bueu o seu segundo encontro de verán, que como se pretendía resultou unha xornada lúdica, formativa e reinvindicativa. Parabéns ás compañeiras e compañeiros do Morrazo que o organizaron.

ler máis...
NOVAS do Encontro

Soberanía popular e defensa de democracia

O Encontro propón ao BNG un programa rupturista para a recuperación da soberanía popular e en defensa de democracia. Respecto das listas o EI só quere deixar claro que non participou na proposta das mesmas presentadas ao Consello Nacional pola Executiva.

10/09/2011 Debemos ir ás eleccións nas mellores condicións para ofrecer á cidadanía unhas candidaturas e programa que ilusione e convenza de que a ditadura neoliberal non é invencíbel, que non so imos defender senón tamén facer, e que a batalla ineludíbel e inmediata de calquera galego ou galega demócrata é evidente que é para a recuperación da soberanía popular no Estado Español e da soberanía nacional no noso País.

ler máis...
NOVAS do Mundo

Telesur. Entrevista a Camila Vallejo.

09/09/2011 Camila Vallejo é a líder máis visíbel do movemento estudantil que xa derrubou un ministro e levou ao goberno de Sebastián Piñera ás cordas, é xa o aglutinante dos movementos sociais que reclaman e esixen, fronte ao neoliberalismo que dita as políticas do executivo chileno, auténtica democracia comezando por cambiar a constitución de Pinochet.

ler máis...
NOVAS do nacionalismo

Entrevista a Martiño Noriega en El País

"O BNG debe acompañar á sociedade, non tutelala"

14/08/2011 Xunto a 17 alcaldes nacionalistas promove un manifesto crítico que demanda renovación, outro discurso e outros líderes á dirección do BNG. Médico de profesión, Martiño Noriega (A Coruña, 1975), a quen moitos ven como un referente no futuro do Bloque, lamenta que "a esquerda teña o diagnóstico pero non un tratamento contra a crise". Avoga por que o Bloque ofreza un contrato á cidadanía baseado en puntos concretos que sexa capaz de cumprir. Como fan nos concellos.

ler máis...
NOVAS do nacionalismo

Lidia Senra, galardoada co "Pedrón de Ouro" 2011

Parabén do Encontro Irmandiño a Lidia Senra e todo o que representa

29/04/2011 A Fundación Pedrón de Ouro otorgou o premio homónimo á sindicalista galega, Lidia Senra, na edición deste ano pola súa traxectoria a favor da defensa e promoción da cutura galega.

ler máis...
NOVAS do Encontro

Clausura da III Asemblea do Encontro Irmandiño

25/04/2011 Clausura da Asemblea do Encontro Irmandiño, 2ª parte

ler máis...
NOVAS da Galiza

Coordinadora Nacional do Encontro Irmandiño 09-04-11

Acordos da Coordinadora do EI sobre novos grupos de traballo e sobre a Lei de Augas de Galiza.

11/04/2011 Na xuntanza da data, reunida a Coordinadora do EI coa incorporación dos recentemente elixidos novos membros polas comarcas e do Carballiño (esta nova Irmandade Comarcal ver de constituírse a pasada semana) , tratou diversas cuestións orgánica das que destacamos a constitución dos Grupos de Traballo previstos nos estatutos, Feminismo e Mocidade, e os de Cultura, Sanidade e Medio Rural a petición de membros da mesma.

ler máis...
©  Encontro Irmandiño, 2011
Apartado de Correos 356  |  15010 A Coruña
aviso legal